Skip to Content

6º visita A Coruña

O pasado mércores 28 de marzo realizamos a excursión representativa do derradeiro curso do cole: Museos científicos e acuario de A Coruña.

A saída foi sobre as 9:15 da mañá, e o camiño ata a cidade de a Coruña estivo salpicado por chistes, cánticos, bo humor e incluso neve!

Nada máis chegar á Casa das Ciencias, sobre as 11:00 tomamos a nosa media mañá para iniciar as nosas visitas con enerxía.

A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do servicio municipal Museos Científicos Coruñeses, situado nun palacete dentro do Parque de Santa Margarita. Conta cun planetario e tres andares de exposicions. No hoco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

Nos tres andares experimentamos e disfrutamos con experimentos físicos, temporais e de actualidade científica, ademáis dunha morea de cousas: ¿Pode baixarse unha costa hacia arriba? ¿Como se moven as dunas? ¿Que tamaño pode acadar unha pompa de xabón?

No Planetario, no último andar, viaxamos polo espacio e o tempo, aprendemos a mirar o ceo e descubrimos os misterios de Venus... Na oscuridade do Planetario asomaron as estrelas, a Lúa, os planetas, o sol, a nosa Vía Láctea, e o Universo cheo de galaxias...

Unha vez rematada a visita á Casa das Ciencias , desprazámonos ata o Domus. Alí o primeiro que fixemos foi dirixirnos ao comedor do museo, onde recargamos "pilas" e disfrutamos dunha excelente vista da enseada de Orzán. O Domus é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ó ser humano. É un dos tres Museos Científicos Coruñeses. Ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Durante case dúas horas percorremos libremente os tres andares do museo e as súas diferentes seccións: Eu (identidade); xenética; evolución humana; reproducción e desenvolvemento embrionario; os sentidos; corazón; nutrición; sistema motor...

Sobre as 15:20 a condutora do noso autobús recolleunos para levarnos ao Acuario.

O Acuario de A Coruña, chamado Aquarium Finisterrae, consta de diferentes salas:

Na sala Isabel Castelo, onde hai unha exposición de fotografía da natureza, puidemos observar a exposición "Mar de plástico" onde decubrimos toda a basura plástica que se pode atopar no mar e como con ésta pódese representar diferentes especies animais...

Despois visitamos a sala Humboldt que presenta 10 acuarios con especies de mar e de río que se cultivan en todo o mundo, ademáis de módulos interactivos e pezas expositivas.

A seguinte sala foi a Maremagnum con acuarios de gran volumen que representan todos os ecosistemas da costa galega.

A última sala foi a Nautilus, un decorado que recrea o gabinete do capitán Nemo, con miles de peixes de 50 especies diferentes que nadan ó teu ao redor: águias mariñas, meros, lubinas e un tabeirón touro de case 4 metros de lonxitude, que viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.

Rematamos a visita desfrutando coa experiencia de ver alimentar as focas no piscinarium ao aire libre.

Despois de visitar a tenda e mercar algúns recordos da visita emprendemos a volta á Vigo. A medio camiño fixemos unha parada nun área de servizo para merendar e sobre as 8 , xa de noite, chegamos á fonte da Fenosa onde nos esperaban as nosas familias.

Podedes comprobar a intensidade da nosa excursión na seguinte montaxe:

 


page | by Dr. Radut