Skip to Content

8 de marzo, Día da Muller traballadora!

 O 8 de marzo celébrase o Día da Muller traballadora.

En 1911 algúns países (Dinamarca, Alemaña, Austria e Suiza) realizaron a primeira convocatoria deste día; non foi ata 1977 cando a ONU proclamou o 8 de marzo:

"Día Internacional por los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional"

muller traballadora

Porta decorada de 3º B, inspirada nunha obra de Botero

 

 

Este ano, atendendo o noso PDI: "Había unha vez...", aproveitamos un excelente traballo do alumnado de 3º B, que comparte con nós para este día. 

 

Rap: "As mulleres do circo son"

 

As mulleres no circo poden ser

todo aquilo que elas queiran ser.

As mulleres do circo presentan a función,

ao final do acto apluidimos un montón.

Si, mulleres no circo hai

sendo trapecistas e domadoras de leóns.

As mulleres do circo magas son

sacando os coellos de chisteiras de cor.

Bailarinas son e comezan a bailar,

non paran de xirar, de xirar e xirar.

As mulleres do circo acróbatas son

moi boas saltando e volteando ao chou.

Coas pallasas a función podes asistir

e xa verás como non paras de rir.

As mulleres do circo son...

As mulleres do circo son...

 

Grazas por compartir o voso traballo!

 

Mañá todas e todos subiremos ó salón de actos a cantar este rap!

 

 O Equipo Tic recoméndavos os seguintes enlaces  ::

 LIM da nosa compañeira Belén Junquera de "Casa de tol@s"

 

 

A nosa compañeira, Nela Abella, comparte este lim sobre muller e ciencia

 

 

Tamén de  Nela Abella, este Lim sobre Clara Campoamor

lim

 

En LIM  tamén, Clara Campoamor e o inicio do voto feminino.

Para o 3º ciclo de primaria

Para Educación Infantil e 1º ciclo

A nosa compañeira Ana Martínez, para traballar o tema da igualdade libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS.



page | by Dr. Radut