Skip to Content

Aprendendo a salvar vidas na escola

"Ti tamén contas, axuda a salvar vidas"
 
 
A penúltima semana do primeiro trimestre do curso 16/17, un grupo de pais e nais  (Chus, Elba, Marisol, Teresa e Fran) relacionados co sector sanitario prepararon para o alumnado de 5º e 6º un obradoiro sobre a reanimación cardio pulmonar  RCP.  Cunha posta en escena moi atractiva, os pais e nais, foron explicando pouco a pouco como calquera de nós podemos axudar a salvar vidas.
 
Fixéronnos chegar a importancia de saber como actuar  ó atoparnos cun problema: protexernos o primeiro, avisar o segundo e para finalizar socorrer.
 
Se sempre seguimos estes consellos estaremos actuando axeitadamente.
 
 Imaxes obtidas durante o obradoiro de 6º
 
 
Imaxes obtidas durante o obradoiro de 5º
 
 

Guardar

 
Moitísimas grazas pola vosa implicación, moito aprendemos!

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar



page | by Dr. Radut