EXCURSIÓN FIN DE ETAPA DE INFANTIL: ECOGRANXA ATALAIA

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA DE INFANTIL: ECOGRANXA ATALAIA Todos os anos, o alumnado de 5 anos goza dunha excursión como despedida desta etapa de educación infantil. Nos anos anteriores os destinos foron A Granxa Kiriko ou a Illa de San Simón. Pero este ano decidiuse cambiar de lugar, polo que se escolleu A ECOGRANXA ATALAIA en Cotobade. O mércores 1 de xuño, foi a data elixida. Saímos sobre as 9:45 do cole, chegando á granxa ás 10:30. Alí nos esperaba alguén especial, “Iker”, o amistoso mastín, que nos deu unha benvida superagarimosa... Unha vez chegamos, tomamos a media mañá e despois nos dividiron en dous grupos. Un grupo comezou coa visita aos animais autóctonos da granxa ( vacas, cabalos, porcos celtas, ovellas, carneiros, galiñas, coellos, patos...) mentres o outro grupo, unha vez debullado millo e cargado ao burro fariñeiro, acompañaron a este para baixar ao muíño e moer o gran que previamente debullaran, descubrindo o funcionamento e as partes deste elemento tan noso. Logo os dous grupos intercambiaron estas actividades O tempo voaba, e xa era o tempo de comer. Todos xuntos, nunhas mesas de madeira cunhas excelentes vistas, gozamos das comidas que nos prepararan as nosas familias con agarimo. Logo de comer e dun pequeno descanso, comezamos coas actividades da tarde. Os dous grupos, de xeito alternativo, pasárono xenial con xogos de búsqueda, intriga e aventura; e sentiron a especial sensación de montar á cabalo en tres magníficos exemplares de cabalos galegos. Sen darnos conta chegou a merenda e a continuación o regreso ao cole e polo tanto, a despedida da Granxa e, como non, de “Iker”. No autobús, sentiámonos cansos, pero sobre todo, moi felices por ter gozado dun día especial coas/cos nosas/os compañeiras/os e as nosas/os mestres...

Powered by Drupal - Design by artinet