Skip to Content

SAÍDA C.C. TRAVESÍA "SEA TO SEE"

O mércores 9 de decembro o alumnado de 5 anos foi invitado a visitar a exposición “SEA TO SEE” (Un mar para ver), ao Centro Comercial Travesía. Baixamos camiñando, como non, e entramos por unha porta especial. Unha vez dentro, no primeiro piso, esperábannos os/as monitores/as que nos repartiron en tres grupos. Cada grupo, alternativamente, tivo a oportunidade de: Poñerse un chaleco salvavidas e facer “unha viaxe en submarino” visionando o mundo mariño que só se pode ver sumerxíndose baixo as augas do mar; subir a unha carabela de madeira como na que viaxou Colón ; ver maquetas de embarcacións famosas como o Nautilus ou o Titanic, de faros como o de Alexandría; ou ver o traxe de buzo que se usa actualmente ao lado dun igual aos primeiros que se utilizaron... Toda unha experiencia mariña para ver. E coñecer.

 

 



page | by Dr. Radut