Arrinca a modalidade de obradoiros do curso 2015/16
Unha modalidade de actividades complementarias no noso Centro e a participación en obradoiros sobre temáticas varias para achegarnos a distintos contidos do curriculum de xeito experiencial.
Neste primeiro obradoiro titulado "Cociñamos con Clan" participou todo o alumnado de primaria repartidos en dous días. A primeira metade da sesión dedicouse a mostrarnos hábitos de vida saudable; nunha segunda parte realizamos unha receita do máis vistosa empregando espinacas, caballa, millo doce, cebola...
Vistosa e deliciosa porque non quedou nin unha migalla.
Deixámosvos a reportaxe fotográfica.