V XORNADAS DE TEATRO MUNICIPAL 2014

O martes 6 de maio, foi a nosa quenda, para participar nas V Xornadas de Teatro Municipal no Auditorio do Concello. Estreamos a nosa obra "A illa de Frian" xunto con outros colexios;  o Ceip Valle Inclán, coa obra "Os músicos de Vilar"; e o Ceip Lope de Vega, coa obra "Coma ti". Rematamos o día coa entrega de diplomas e moitos aplausos. Deixamos a continuación unhas fotos das actuacións.

 

O vindeiro 22 de maio actuaremos no Seis de Nadal, daremos cumprida información.

Powered by Drupal - Design by artinet