Skip to Content

CONCURSO CARTELERÍA DIXITAL

Dende as Aulas Abalar propoñémosvos un novo concurso de cartelería dixital para conmemorar o Día das Letras galegas e o autor homenaxeado, á vez que practicamos co programa de imaxe gimp.

As bases do concurso son as seguintes:

  • Cada alumno poderá presentar un cartel.
  • O programa elixido para facer o cartel será gimp.
  • O cartel irá acompañado de texto escrito en galego.
  • Nunha esquina do mesmo debe aparecer o nome do colexio.
  • A imaxe deberá ser subida a un espazo creado para tal fin na nosa aula virtual, o archivo nomearase  nomealumno/a_cartel_letras_galegas.
  • A votación para elixir o mellor cartel farase a través da nosa páxina web, e poderán votar todos aqueles que queiran.
  • O data límite de entrega será o 15 de maio.

 

Deixámosche unha ligazón a traballos doutros cursos: enlace carteis

 

       A continuación debes ler as instruccións, que realizou a mestra Conchi, para facer un  cartel  de bo xeito.

ELABORACIÓN DUN CARTEL



page | by Dr. Radut