Skip to Content

5º VISITA O MUSEO DE PONTEVEDRA

 

Crónica de Xabi 5ºB

XOVES 27 DE MARZO 2014

Hoxe fomos ao museo de Pontevedra.

Saímos as 9:30 en autobús, chegamos sobre as 10:10. Fomos por unhas rúas que forman parte da Zona Vella, ata chegar ao museo.

Alí, dividíronnos en dous grupos: os de 5ºA e os de 5ºB. Os que entraron primeiro foron os de 5ºB, e logo fomos nos xunto cunha monitora que se chamaba Lourdes. Cando entramos mandáronnos deixar as cazadoras e as mochilas nunha esquina dunha sala que non tiña nada debido a que están a restaurar o edificio. Alí mesmo déronnos un caderno e un bolígrafo para facer unha serie de actividades en distintas salas do museo: a sala de pintura, a sala de pratería, a sala de acibeches, as salas navais, etc.

Os de 5ºB terminamos antes  e iso que comezamos máis tarde. Cando saímos do museo puxémonos a merendar na Praza da Leña.

Cando rematamos fomos directamente ó autobús, chegamos ó colexio á 13:00.

Deixámosvos unhas fotos

 

 



page | by Dr. Radut