Skip to Content

Saída a Toysal

   O día 24 de marzo, xoves, os/as alumnos/as de 6º de EP visitamos a PTRI (Planta de Tratamento de Residuos Industriais), O Toysal. Acompañados polas nosas titoras Dna. Marisa e Dna. Celsa, e unha monitora do Concello, fomos alí recibidos por persoal da empresa . Un dos guías, "Quico", moi amablemente, explicounos, nunha sala, os diferentes tipos de residuos: urbáns, industriais, perigosos e non perigosos; con máis detalle, o destino dos industriais.

   Os residuos que se producen nas fábricas, esquecidos por todos/as nós, teñen o seu destino. A esta planta chegan camións cargados de residuos como colchóns, diferentes tipos de envases; restos de demolicións, da construcción; papel, ferro, vidro, cartón, etc., almacénanse en lugares chamados silos; logo, outras empresas encárganse de transportalos a: reciclar, ós vertedoiros, ás plantas térmicas ou incineradoras.

   Máis tarde, outro guía da empresa Toysal levounos pola planta  a ver os diferentes silos e así poder observar os residuos que había neles: o dos metais, madeira, plásticos, zahorra, envases, ...  tamén nos dixo que eles alí teñen un pequeno vertedoiro o cal estaba ocupado en dous tercios, que en 4 ou 5 anos se enchería o tercio qu e faltaba, e que non teñen pensado abrir outro senon que, neste tempo, pensan buscarlle outra saída aos residuos non reciclables.

Un dos residuos máis difíciles de tratar, segundo este 2º guía, son os colchóns polo seu volume, para o transporte, e os diferentes tipos de material do que están compostos: ferros e téxtil... 

   Nesta visita aprendemos moitas cousas sobre a reciclaxe e, aínda que para todos/as nós este tema non era novo, pola experiencia que xa temos da mesma coas actividades realizadas no noso colexio en C. do Medio, relacionadas co horto escolar, a obtención do compost,... aínda así, lembramos o importante que é  que nós reciclemos nas nosas casas e no cole; os problemas que causan os vertedoiros no noso medio, o que teñamos en conta as tres RRR,  que o máis importante é Reducir a producción de residuos e  Reutilizar antes que Reciclar; que temos que seleccionar os residuos perigosos e levalos aos chamados puntos limpos e non tiralos en calquera lugar: pilas, tv, cartuchos de tinta, etc.

  Resumindo: aprendemos que se todos/as poñemos o noso "granciño" no tema da reciclaxe,  o noso Planeta Terra gozará de mellor saúde. E de nós, que se pode dicir? que tamén gozaremos da mesma: teremos un aire máis puro para poder respirar mellor e uns alimentos maís sans que nos evitarán moitas enfermidades. 

   Grazas, unha vez máis, aos/ás que fixeron posible a realización desta visita. Ata outra!

 

 



page | by Dr. Radut