Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
25
| 26
Start: 26/11/2019 01:51
Hoxe festexamos no centro o 25 de novembro o día contra a violencia de xénero. Debatimos sobre aquelas cousas que nos gustan e nos fan sentir ben, coidados e queridos, como aquelas que non nos gustan. Cada aula escolle un lema que representará nunha bolboreta como símbolo da liberdade da muller. Pero neste camiño non estamos sos, porque a "Boneca Vigo" nos acompañará en todas as celebracións e momentos importantes que se leven a cabo no centro. Por iso as bolboretas decoraran o seu pelo.
Realizamos entre todos unha adaptación da canción " Que bonito é querer" de Manuel Carrasco. Participamos todo o alumnado e deixamos boa mostra da nosa implicación. Tamén visualizamos o reggaetón "Yo solo quiero bailar" compuesto por Miguel Ángel Maroto Negrete e realizado polo alumnado e profesorado do IES Maestro Juan de Ávila, en Ciudad Real. Un exemplo de bo traballo e cun tema pegadizo que lles encantou a todos os rapacese rapazas.
Ademais o alumnado de 4 anos levou a cabo para tal data un contacontos do libro "Pepuka y el mounstruo que le robo la sonrisa".Unha pequena aportación que levaron a algunhas aulas do cole. FELIZ DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. E QUE NON SE QUEDE SÓ NUN DÍA SENÓN QUE SEXA SÓ O INICIO DUN LOGO CAMIÑO PARA CONSEGUIR OS NOSOS SOÑOS. | 27
| 28
| 29
| 30
| 1
|