4ºESO

Traballo da semana do 5 ao 12 de maio.

Moi boas, queridas alumnas e alumnos de Historia de 4º da ESO:

Esta semana continuamos, os que teñen todo aprobado coa Guerra Civil española, e os que teñen que recuperar, coa 2ª parte da 1ª Avaliación. 

Xa está dispoñible o traballo na Aula Virtual, tendes ata o martes que ven para completalo. 

Moito ánimo! Xa queda menos. 

 

Maríá Pérez

TIC, Reforzo 2

Dispositivos de almacenamento

Todo o noso traballo, a nosa información, imaxes, películas, a información da rede,.... sería efímero se non se puidese gardar de maneira “permanente” ao igual que nós gardamos recordos no noso cerebro.

Por iso, para manter a información no tempo no mundo da Informática é imprescindible contar con sistemas de almacenamento e dispositivos capaz de ler dita información.

 

Tarefa 1: Lee o libro “Dispositivos de almacenamento” publicado na Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/mod/book/view.php?id=1957

Tarefa 2: Investiga sobre a capacidade dos dispositivos de almacenamento e as súas características: tecnoloxía empregada (material magnetizable, reflexión óptica,...), acceso á información (directa ou secuencial), capacidade de almacenamento, uso recomendado, ano de aparición, ...    

ACTIVIDADE FINAL: Crear un documento final (pode ser unha folla de cálculo) que recolla a información sobre os soportes e dispositivos de almacenamento:

  • Unha gráfica que represente e compare a capacidade de almacenamento dos diferentes soportes de almacenamento.
  • Unha táboa comparativa dos dispositivos de almacenamento que recolla:   
  • Tecnoloxía empregada
  • Capacidade de almacenamento
  • Uso recomendado
  • Outros: velocidade, tipo de acceso á información, ano de aparición, durabilidade, audible ou non,...        

Envía o teu documento final editable ao correo electrónico isabel.traballo@gmail.com ata o 11 de maio, no cal tamén atenderei as vosas dúbidas.



TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

 

ANÁLISE CRÍTICO DAS ACTIVIDADES DA CONTORNA

 

NON SENTIDES ESTES DÍAS TRAS O CONFINAMENTO QUE O

AIRE É DE MELLOR CALIDADE?.

TERÁ ALGO QUE VER A ACTIVIDADE HUMANA?

 

OBXECTIVOS DA TAREFA:

  • Compara os efectos das actividades físicas e deportivas no contorno en relación coa forma de vida nel.
  • Relaciona as actividades físicas na natureza coa saúde e a calidade de vida.
  • Demostra hábitos e actitudes de conservación e protección ambiental.

TES A INFORMACIÓN DETALLADA NA AULA VIRTUAL A PARTIR DAS 12.00

HORAS DO 5 DE MAIO.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 14 DE MAIO ÁS 12.00 HORAS

TIC, Reforzo 1

REFORZO 1: Busca na rede e Presentacións Dixitais

Tarefa 1: Lee e practica os trucos para buscas en Google.
Tarefa 2: Para o documento editable con preguntas, busca en Google as respostas e achégaas nun documento.
Tarefa 3: Crea unha presentación
Por se tedes calquera dúbida déixovos manuais de Impress en 3 formatos diferentes:
ACTIVIDADE FINAL: Crear unha presentación sobre a túa profesión de futuro / destino viaxe
Busca información sobre a temática escollida empregando as técnicas de busca practicadas.
Realiza unha presentación que recolla esta información, terá polo menos 4 diapositivas con distinto contido: texto, imaxes, ligazóns,... e un aspecto coidado: combinación de cores, mesmo tipo de letra, corrección ortográfica e gramatical,...
Envía a túa presentación editable ao correo electrónico isabel.traballo@gmail.com ata o 4 de maio.


4º A/B ECONOMÍA

 

Hola a tod@s!

 

Para esta semana propóñovos continuar lendo o tema “La distribución de la renta” e facer as seguintes actividades, relacionadas ca presión fiscal na OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos):

 

-Páxina 134: Actividades 32, 33, 34 e 35.

OS ALUMN@S QUE TEÑEN SUSPENSA A PRIMEIRA AVALIACIÓN, EN LUGAR DE FACER AS ACTIVIDADES MENCIONADAS, TERÁN QUE REALIZAR AS SEGUINTES (DO TEMA 1):

-Página 24: Actividades 32, 33, 34 y 35.

-Página 25: Actividades 36 y 37.

As tarefas podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (NO APARTADO ASUNTO, POÑEDE O VOSO NOME E APELIDOS E O CURSO ).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 8 de Maio.

 

Un saúdo!.

 

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 4 de maio

Bos días!

Comezamos o mes de maio repasando os componentes activos máis importantes dos circuitos electrónicos. 

Podedes atopar todos os recursos necesarios na Aula Virtual, así como a entrega habilitada da tarefa e a planificación detallada da mesma, que tamén podedes consultar no adxunto. Ante calquera dúbida poñédevos en contacto a través do correo electrónico. 

Jessica

Tarefas LGeLIT do 4 ao 8 de maio

Benquerido alumnado: tedes á vosa disposición na AULA VIRTUAL os materiais e instrucións para traballar esta semana e desenvolver a correspondente tarefa.

Feliz maio e moito ánimo!

Tarefas matemáticas académicas 4ºESO: 4-8 de maio

Esta semana realizaranse tres sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 9:20
  • Xoves 10:10
  • Venres 12:20

As tarefas de cada día iranse indicando na aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregalas.

Tarefas de reforzo

O alumnado que suspendera a materia na primeira ou na segunda avaliación terá actividades de reforzo. Estas tarefas estarán á disposición do alumnado na sección chamada "REFUERZO" da aula virtual, onde se habilitarán espazos para entregalas. Ademais, estarán indicadas no calendario da aula virtual.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

PLANIFICACIÓN CIENCIAS APLICADAS: DO 4 AO 8 DE MAIO

4ºB

Luns

4 de maio

Mércores

6 de maio

Xoves

7 de maio

ALUMNADO DE AMPLIACIÓN

Videoconferencia

ampliación 10:10

Tarefa ampliación

Entrega o 8 de maio

ALUMNADO DE REFORZO

Videoconferencia

reforzo 17:00

Tarefas recuperación

Entrega o 15 de maio

 Instrucións:

  • Alumnado de ampliación: todo o alumnado coa 1º e 2º avaliación aprobada.

  • Alumnado de reforzo: todo o alumnado con algunha avaliación suspensa.

  • As tarefas están publicadas na aula virtual.

  • As videoconferencias serán mediante Webex e os datos de acceso están publicados na aula virtual.

  • Para calquera dúbida o alumnado pode empregar o correo electrónico: antia.edu.bioxeo@gmail.com

ESPAÑA: DA CRISE DA RESTAURACIÓN Á GUERRA CIVIL. Actividades

Estimados alumnas e alumnos:

Xa tendes na Aula Virtual as actividades de Historia para esta semana do 29 de abril ao 5 de maio para o alumnado que ten todo aprobado. 

Moito ánimo!

REFORZO para RECUPERAR a 1ªAV. 4ºESO

Estimadas alumnas e alumnos:

Xa están colgadas na AulaVirtual as primeiras actividades para o alumnado que ten que recuperar a 1ª Avaliación de Xeografía e Historia. 

A data de entrega é o martes que ven(5 de maio), e son obrigatorias para o alumnado coa 1ªAvaliación suspensa. O resto non as ten que facer, mañá subirei o traballo para o alumnado que ten todo aprobado. 

A maior parte dos alumnos que teñen suspensa a primeira avaliación tamén teñen suspensa a 2ª, polo que cando rematemos as actividades da 1ª comezaremos coa 2ª. 

Moito ánimo. 

 

Tarefa de reli do 28 de abril ao 15 de maio 3ª entrega

Ola a tod@s!

Espero que esteades ben. Envíovos unha nova entrega que nesta ocasión si deberedes cumprimentar e facerme chegar. Envío 2 arquivos iguais en dous formatos, un en PDF e outro en WORD por se queredes facelo directamente nel.

Agardo as contestacións e lémbrovos que algúns/as de vós aínda non me escribistes contándome que tal estades. Aproveitade agora.

Apertas

Marga

4º A/B ECONOMÍA

 

Hola a tod@s!

 

Para esta semana propóñovos continuar lendo o tema “La distribución de la renta” e facer as seguintes actividades:

 

-Actividades da páxina 124: “Claves para estudiar”.

 

-Actividades da Páxina 125: “Claves para estudiar”.

 

-Actividades da Páxina 128: “Piensa”.

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (NO APARTADO ASUNTO, POÑEDE O VOSO NOME E APELIDOS E O CURSO 4º).

 

O último día para entregalas é o próximo xoves 30 de abril.

 

Un saúdo!.

 

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 27 abril

Unha semana máis continuamos co traballo dende casa. Esta vez pasaremos a reforzar un compoñente xa coñecido por vos e que podemos atopar en infinidade de circuítos, o condensador

No arquivo adxunto déixovos a programación das actividades desta semana. Tamén podedes atopala na Aula Virtual, xunto cos recursos necesario para realizar as tarefas e a entrega habilitada. Calquera dúbida a través do correo electrónico profetecnojess@gmail.com.

Xa queda menos!

Tarefas matemáticas académicas 4ºESO: 27-30 de abril

Esta semana realizaranse dúas sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 9:20
  • Xoves 10:10
As tarefas de cada día iranse indicando na aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregalas.
Tarefas de reforzo
O alumnado que suspendera a materia na primeira ou na segunda avaliación terá actividades de reforzo. Estas tarefas están á disposición do alumnado na sección chamada "REFUERZO" da aula virtual, onde ten tamén espazos habilitados para entregalas. Ademais, estas tarefas tamén se indican no calendario da aula virtual.
Matemáticas pendentes de 3º de ESO
O alumnado que ten pendente a materia de 3º de ESO terá outra oportunidade para entregar as actividades do plan de traballo proposto ao comezo do curso. Na sección da aula virtual chamada "PENDIENTES 3ºESO" o alumnado ten un plan de traballo para o terceiro trimestre onde se indican as novas datas de entrega. Ademais, estas datas de entrega indicaranse tamén no calendario da aula virtual
  
José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

Tarefas do 27 ao 30 de abril

Ola a todas e todos!

Xa vai quedando menos... oxalá nos poidamos ver en persoa antes de que remate o curso. Mentres tanto vouvos deixando o traballo na AULA VIRTUAL 

Saúdos do profe, que vos bota moito en falta, e coidádevos moito!!

CIENCIAS APLICADAS: SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

 

4ºB

Luns

27 de abril

Mércores

22 de abril

Xoves

23 de abril

ALUMNADO DE AMPLIACIÓN

Videoconferencia

ampliación

Tarefa ampliación

ALUMNADO DE RECUPERACIÓN

Tarefa recuperación

Videoconferencia

recuperación

Tarefa recuperación

Instrucións:

  • Alumnado de ampliación: todos os que teñen a 1º e 2º avaliación aprobadas.

  • Alumnado de reforzo: todos os que teñen algunha avaliación suspensa.

  • As tarefas se publicarán na aula virtual o luns pola maña.

  • A data límite de entrega das tarefas e o venres día 1 de abril.

  • As videoconferencias serán mediante Webex e os datos de acceso serán publicados na aula virtual.

  • Para calquera dúbida o alumnado pode empregar o correo electrónico:

    antia.edu.bioxeo@gmail.com

 

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

OS ESTEREOTIPOS DO CORPO.

LE O TEXTO E RESPONDE AS PREGUNTAS DA FICHA.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

INICIACIÓN A LA ACTIVIDAD EMPRENDEDORA Y EMPRESARIAL ( para los alumnos de esta materia)

Bo día a todos:

Xa tendes na Aula Virtual as instruccións para a Actividade de" Iniciación a la Actividad Emprendedora y Empresarial". Tema 1. A entrega pode ser dende hoxe ata o xoves 30 de abril. É unha actividade que fomenta a empatía, a colaboración co noso entorno e a creatividade. 

Moito ánimo!

María Pérez

Comezamos outra vez coa Historia de España

ESPAÑA: DA CRISE DO 98 Á GUERRA CIVIL. 

Estimados almunos e alumnas, xa estou de volta. Espero que teñades moitas forzas para seguir traballando nestas circunstancias.

Comezamos co novo tema que nos leva dende os últimos anos do século XIX en España ata o final da guerra civil. É un tema interesantísimo que nos axuda a comprender as causas da guerra civil española. Xa sei que non é o mesmo que poder comentalo en clase, pero se tendes calquera dúbida, xa sabedes, podedes mandarme un email a mariaiesarte@gmail.com.

Na Aula Virtual atopades o material que necesitades e as actividades explicadas.

  1. O primeiro que tendes que facer é revisar o que se corresponde co Tema 2 da Aula Virtual (é o tema 9 do libro). Atoparedes no resumo os epígrafes principais.
  2. Ler e suliñar as páxinas da 186-189 do voso libro de texto
  3. Iso se corresponde coas diapositivas 1-16 da presentación Power Point do tema que tamén atoparedes na Aula Virtual. Esa presentación  axúdavos a estudar, con imáxes e textos. 
  4. A primeira actividade que tendes que entregar é a liña do tempo. Está explicada na Aula Virtual e ahí tendes que subila. Data límite o domingo 26 de Abril. É moi sinxelo, non vos leva máis de 50 min.
  5. Tendes que ler e comprender o Artigo de Pérez Reverte que atopades na páxina 7 da presentación de Power Point (na Aula Virtual) e despois facer un comentario no foro que atoparedes tamén na Aula Virtual. Podedes poñer algo que pensedes vos do artigo, ou responder,sempre con respeto, ao comentario doutro compañeiro. Para isto tendes ata o martes 28 de abril.  

Moito ánimo!

María Pérez

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031