4ºESO

4º ESO A. O CLIMA E A VIDA.

O alumnado de 4º ESO A, dentro do plan proxecta Meteoescolas, levou a cabo unha serie de traballos en equipo sobre distintos aspectos relacionados co clima que forman parte do currículo da materia de Bioloxía e Xeoloxía para este curso.

O produto final destes traballos foron as presentacións dixitais e exposicións perante os compañeiros dos seus traballos.

A continuación, unhas imaxes das presentacións dixitais elaboradas por cada equipo, e das súas exposicións:

O equipo "Os secos", composto por Sandra Losada, Santiago Miniño e Lara Taboada, faláronnos sobre as secas, diferenciando entre os dous procesos, da desertización e o da desertificación, que adoitan confundirse. O primeiro débese a causas naturais, mentres que o segundo débese á acción humana. Este aspecto do clima garda unha estreita relación co quecemento global, sendo unha consecuencia deste, e un factor importante do cambio climático que estamos a experimentar.

Presentación sobre AS SECAS. DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN e un momento da exposición de Lara, Santi e Sandra.

O equipo formado por Carmen Bouzas, Carmen María Poza, Inés Rey e Valentina Seijo fixéronnos reflexionar sobre a idea dun clima sempre cambiante ao longo de toda a historia do noso planeta, xa que afondaron nos cambios que teñen ocorrido no clima durante o pasado da Terra, e que non sempre foron inocuos para moitas especies.

Desta maneira, faise máis evidente a posibilidade de que o cambio climático que estamos vivindo poda chegar a causar grandes extincións de especies

.

Presentación O CLIMA NO PASADO, CAMBIOS CLIMÁTICOS NA HISTORIA DA TERRA e momentos da exposición de Valentina, Carmen B, Inés e Carmen Mª.

O equipo de Ana Cabreira, Luna Büchler, Andrea Fontao e Cloe Vizoso relatounos como, neste momento da historia do noso planeta, a situación dos distintos territorios continentais respecto do Ecuador ou as correntes mariñas, entre outros factores, condicionan as características climáticas de grandes zonas, e das especies que nelas habitan. Son os chamados Biomas, os grandes ecosistemas da Terra: deserto frío, tundra, taiga, bosque caducifolio, bosque tropical ou deserto cálido.

Presentación sobre OS GRANDES ECOSISTEMAS DA TERRA: OS BIOMAS e un momento da exposición de Luna, Ana, Andrea e Cloe.

Por último, o Team M, composto por Mariña Barreiro, Carmen García, Emilio Rodríguez e Marta Leyenda, desenvolveron a súa presentación e exposición sobre O Quecemento global e o Cambio climático. Explicáronnos que o quecemento global é o aumento da temperatura da Terra, que se reflicte nos océanos e na atmosfera, causado, principalmente, pola emisión de gases de efecto invernadoiro liberados nas actividades humanas. Mentres que o cambio climático é a variación do estado do clima, atribuído directa ou indirectamente á actividade humana, causado principalmente polo quecemento global, e que ten como consecuencia o derretemento dos polos e a subida do nivel do mar ou fenómenos meteorolóxicos extremos (furacáns, inundacións, incendios ou secas, entre outros efectos negativos.  

Presentación  O QUECEMENTO GLOBAL E O CAMBIO CLIMÁTICO e momento da exposición de Marta, Mariña e Carmen (Emilio ausente).

 

ARQUITECTURA CON ÉTICA. MAQUETAS.

O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO rematou a súa maqueta, na que estiveron traballando ao longo do terceiro trimestre. Eis o resultado. 

Moitas felicidades a todos e a todas! 

Gañadores IV Certame literario sobre protección de datos (2019/2020)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional deron a coñecer os gañadores e gañadoras do IV Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos, dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos e alumnos de 1º a 4º de ESO, correspondente ao pasado curso escolar 2019/2020.

No caso da categoría de 1º a 4º ESO a gañadora é Ivonne Ferreira Silva que cursou 4º da ESO do CPI de Cova Terreña en Baiona no curso pasado. Ivonne resultou gañadora grazas ao traballo “Protección de Datos” no que de forma pormenorizada explica que é a protección de datos, a figura do Delegado de Protección de Datos e o uso dos datos de carácter persoal.

Ambas as dúas institucións consideran de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Sinalan que actualmente cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

O alumnado de 4ºESO do CPI de Cova Terreña volveu participar este ano na 5ª convocatoria e agardamos o resultado do xurado nos próximos días.

https://www.cpeig.gal/node/1470

Visita do escritor Gonzalo Navaza ao alumnado de 4º da ESO

O pasado 28 de abril visitou o alumnado de 4º da ESO Gonzalo Navaza (escritor, tradutor, profesor da Universidade de Vigo e especialista en Onomástica) para lles contar como artellou o seu libro de relatos breves Erros e Tánatos, lectura obrigatoria deste terceiro trimestre.

 

Caligramas meteorolóxicos e vídeo-creación de prognósticos do tempo.

Ao abeiro do programa Meteoescolas o alumnado de 4º da ESO  desenvolveu na materia de Lingua galega e literatura o proxecto da creación de Caligramas meteorolóxicos, aproveitando os coñecementos adquiridos no tema das Vangardas galegas,  e expostos no mes de abril na entrada do centro, e mais a vídeo-creación de prognósticos do tempo, logo de traballar en profundidade este campo léxico.

Déixovos a continuación algunhas mostras do traballo dos nosos artistas:

 

 

 

 

 

"Os amores non matan": Vídeos do traballo realizado

O alumnado de 4ºESO participou no proxecto "Os amores non matan" dentro da programación da Primavera Lila da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona. Froito da súa participación e implicación chegan estes vídeos, producto final do seu traballo:

Vídeo 4ºA:


Vídeo 4ºB:

 

PROXECTO ARQUITECTURA CON ÉTICA

Da mesma maneira que os grupos de 3º ESO, o alumnado de Valores Éticos de 4ºESO-B tamén está deseñando e construíndo a súa  maqueta seguindo a mesma liña de traballo académico. 

Eis unhas fotografías: 

 

4ºESO: información vocacional, saída profesional cara aos Ciclos Medios de Formación Profesional

O alumnado de 4ºESO está a recibir información sobre os seguintes pasos a dar ao rematar a súa formación no CPI de Cova Terreña.

Organizáronse charlas coa orientadora do centro e con profesorado doutros centros educativos para amosarlles todo o abano de posibilidades que se abre ao rematar os seus estudos.

Charla sobre Ciclos Medios FP

Na imaxe, profesorado do IES Proval explican os Ciclos Formativos que ofrecen no seu centro e que poderían cursar.

 

Entre dúas adolescencias

Coas lecturas de 4º da ESO, puidemos achegarnos a dúas adolescencias ben diferentes con Anne, a de Tellas Verdes e Iridium.
En primeiro lugar, de Anne chamounos a atención a súa forma de vida, tan afastada do noso día a día, sen luz nin ducha! Seguir os seus pensamentos foi como subirse a unha montaña rusa de emocións: nun momento dramática e noutro exuberante. Houbo cuestións peculiares sobre a protagonista que nos causaron grande interese, como a súa teima co seu aspecto físico ou o seu costume de falar cos obxectos inanimados. Alegre, intensa e necesitada de encher a gran soidade que sempre sentiu por ser unha nena orfa incomprendida, refuxiouse na literatura, a mesma que empregamos para nos evadir desta pandemia, para se aferrar á cordura, aínda que en ocasións esa súa cordura ten uns límites difusos e resulta excéntrica e excesiva, rozando a loucura.
Por outra parte, en Iridium encontramos un relato breve e descarnado da loita interior que sofre unha rapaza, logo dun accidente que muda por completo a súa vida, para afrontar as consecuencias e procurar de novo o seu lugar cando a súa percepción sobre a vida e as perspectivas de futuro cambian radicalmente. Da obra gustou a forma en que o autor ficcionou a discapacidade, sendo quen de reflectir unha sociedade que adoita deixarse levar polos prexuízos e o vitimismo. Sentímonos moi identificadas e identificados co relato que a protagonista fai do uso das redes sociais, como un mecanismo de desconexión da realidade que permite finxir unha vida feliz sustentada por likes. O final, tan aberto e diferente ó esperado, resultou francamente sorprendente.

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA 2021-2022

Nesta ligazón podes atopar o que podes estudar cando remates bacharelato ou ciclos formativos:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

ROSALIA DE CASTRO DAY

Hi there,

Here you are 4º ESO A contribution to Rosalía de Castro Day:

 

February, 4th 2021

 

Seguridade en Redes de Comunicación

En formato virtual e sen necesidade de moverse da aula, un equipo de hackers profesionais desenvolveron un obradoiro para o alumnado de 4ºESO, demostrando o sinxelo que é acceder á información privada e achegando ferramentas e hábitos adecuados para facer da nosa contorna dixital unha contorna segura.

O alumnado de hoxe coñécese como a xeración dos nativos dixitais. A súa vida social e a súa historia xiran ao redor das redes sociais e as comunicacións online, o que se viu reforzado polos últimos acontecementos vividos. Con todo, esta xeración descoñece moitos dos aspectos relacionados coa pegada dixital, os datos e a privacidade, arriscándose a que a súa información se use en beneficio doutras persoas.

Premio Igualdade Carmen López-Cortón, Entrevista a Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade

Entrevista a Dona Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Dona Susana López Abella asistiu ao centro para a inauguración da exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells que recoñecen o papel da muller na ciencia e colaborou co noso alumnado de 4ºESO na realización de esta entrevista.

Premio Igualdade Carmen López-Cortón, Entrevista a Antía Fontán

 

Entrevista a Dona Antía Fontán, unha muller, que ademais de ser profesora de Bioloxía e Xeoloxía, conta cunha longa experiencia no mundo do mar.

Ligazón á entrevista

 

 

Tarefas matemáticas académicas 4ºESO: 15-19 de xuño

Esta semana realizaranse tres sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 9:20
  • Xoves 10:10
  • Venres 12:20

As tarefas de cada día iranse indicando no calendario da aula virtual.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

TIC, Reforzo 6: A folla de cálculo

A folla de cálculo é un dos elementos básicos dun paquete ofimático e moitas veces descoñecida.

É unha ferramenta moi útil, que ademais de facilitar a recollida de información e a súa ordenación, permite obter cálculos cos datos contidos, elaborar gráficas, ...

Ímos facer unha actividade que inclúe:

  • Listas automáticas
  • Formato condicional
  • Formato de cela
  • Funcións matemáticas (Contara, Sumar.se,...)
  • Elaboración de gráficas
  • Configuración da páxina
  • Visualización da folla

Ímos analizar os obxectivos acadados (sobre 50 obxectivos totais) por 20 alumnos/as. Facilítase a folla de partida e o resultado esperado en PDF. Os datos poden variar, o importante é o cómputo dos mesmos.

Sorte co último reto e presenta a túa entrega!

4º A/B ECONOMÍA

 

8-XUÑO-2020

 

Hola a tod@s!

 

-Para esta semana propóñovos o visionado da película “En busca de la fecicidad”, de Gabriele Muccino, 2006, e facer un pequeño resúmen da mesma (máximo unha carilla), que podedes enviar ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 4º).

 

OS ALUMN@S QUE TEÑEN SUSPENSA A SEGUNDA AVALIACIÓN TERÁN QUE REALIZAR AS SEGUINTES TAREFAS (TEMA 4) :-Pagina 79, Actividades 27 e 28 (El sostenimiento del sistema social español).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 12 de xuño.

 

Un saúdo!.

 

A TRANSICIÓN ESPAÑOLA

SEMANA DO 8 AO 11 DE XUÑO

Últimas actividades de Xeografía e Historia!! Noraboa aos que chegaches ao final con todo o traballo ao día! Espero que teñades unha boas vacacións merecidas. 

 

Podedes atopar as últimas actividades do novo tema, A TRANSICIÓN ESPAÑOLA,  coa súa Presentación correspondente na Aula Virtual. Son soamente 5 actividades e fixádevos ben que ao ser as últimas adiantei a data de entrega ao xoves.

Calquera dúbida enviádesme un correo. Vémonos nas dúas videoconferencias desta semana. Non faltedes!

Moito ánimo!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031