4ºESO

CIENCIAS APLICADAS: SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

 Alumnado de ampliación:

  • Todo aquel alumnado que teña a 1º e 2º avaliación aprobadas.
  • A videoconferencia é o luns día 25 de maio ás 10:10 da maña é os datos de acceso atópanse na aula virtual.
  • As tarefas de esta semana atópanse na páxina virtual e corresponden ao tema 8 do libro de texto, I+D+I.

Alumnado de reforzo:

  • Todo aquel alumnado que teña algunha avaliación suspensa.
  • Esta semana non hai tarefas novas, rematade as tarefas  propostas as semanas anteriores.
  • A data límite de entrega das tarefas de recuperación será o domingo 31 de maio.

Contacto: antia.edu.bioxeo@gmail.com

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

MITOS SOBRE O EXERCICIO E A ALIMENTACIÓN 

 

Bos días:

 

A actividade física xunto coa alimentación son os dous elementos clave dunha vida sa. Sen embargo hai moita información entorno a eses dous elementos que non é correcta.

 

Desmonta eses argumentos sobre a base dun razoamento científico.

 

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 29 DE MAIO

II GUERRA MUNDIAL (II parte)

ACTIVIDADES SEMANA DO 19 AO 26 DE MAIO

Queridos alumnos:

Xe tendes disponibles na Aula Virtual as actividades de esta semana, tanto as de recuperación (2ª parte da 2ª avaliación) como as da 3ª avaliación. 

Esta semana temos tamén dúas videoconferencias programadas. 

Moito ánimo!

INICIATIVAS EMPRENDEDORAS. IMPOSTOS.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO.

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos cos IMPOSTOS. 

Xa tendes na Aula Virtual as actividades e os epígrafes do tema. Non vos preocupedes se non tendes o libro de texto o podedes facer con información de internet. A data límite de entrega é o sábado, aínda que a idea é que o fagades antes para poder ter o fin de semana libre. 

Moito ánimo!

María Pérez

Tarefas do 18 ao 22 de maio

Benquerido alumnado: tedes na AULA VIRTUAL todo o material e as intrucións para traballarmos esta semana.

Ante calquera dúbida non deixedes de escribirme. 

Bótovos moito en falta!! Moito ánimo e saúdos.

Iago

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 18 maio

Bo día! Agardo que o sol desta fin de semana axudara a recargar as pilas!

Esta semana a tarefa estará divida en dúas liñas: unha tarefa de reforzo obrigatoria e unha tarefa de ampliación de carácter opcional para aquel alumnado que queira continuar co proceso de aprendizaxe con aqueles temas que non puidemos traballar na aula. Esta tarefa sumará a maiores na nota da tarefa semanal.

Tende en conta o seguinte:

  • Teremos unha videoconferencia este mércores na sesión de clase para aclarar dúbidas e facer unha breve explicación do tema novo de ampliación. 

  • Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto.

  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtual e no libro de texto. 

  • Para calquera dúbida ou consulta escribídeme (profetecnojess@gmail.com)

Unha aperta enorme!

Jessica

4º A/B ECONOMÍA

 

18-05-2020

 

Hola a tod@s!

 

Para esta semana propóñovos continuar lendo o tema 8 “El dinero y los medios de pago” e facer as seguintes actividades:

 

-Páxina 152: Actividades 29, 30 e 31 (Competencia financiera).

 

-Páxina 153: Resuelve.

 

-Visionado do documental “Finanzas éticas”, que podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=P9i8dUj-c-I

 

 

 

OS ALUMN@S QUE TEÑEN SUSPENSA A PRIMEIRA AVALIACIÓN, EN LUGAR DE FACER AS ACTIVIDADES MENCIONADAS, TERÁN QUE REALIZAR AS SEGUINTES (DO TEMA 2):-Página 39: Actividades 17,18,19,20 e 21.

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (NO APARTADO ASUNTO, POÑEDE O VOSO NOME E APELIDOS E O CURSO ).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 22 de Maio.

 

Un saúdo!.

 

TIC, Reforzo 4: Seguridade na rede, a contrasinal coma porta de entrada

Un equipo conectado a unha rede de comunicacións é un equipo exposto a posibles ataques. A nosa primeira barreira de seguridade é unha boa contrasinal.

Ademais debemos ter o equipo informático actualizado: sistema operativo, navegador, paquete ofimático, antivirus,...

Revisa o teu equipo e a seguridade das túas contrasinais. Proba os seguintes consellos que temos publicados para ti:

Agardo as túas capturas de pantalla onde se amose:

  • Nivel de complexidade da contrasinal
  • Sistema Operativo actualizado
  • Navegador empregado actualizado
  • Antivirus en funcionamento e actualizado

Tarefas matemáticas académicas 4ºESO: 18-22 de maio

Esta semana realizaranse tres sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes  9:20
  • Xoves  10:10
  • Venres 12:20

As tarefas de cada día, tanto as de reforzo como as de ampliación, iranse indicando no calendario da aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregalas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

TIC, Ampliación: Edición Web

Publicar na web, HTML

Publicar na web precisa de contratar un servidor e manexar a linguaxe da Web: HTML.

Empregando un asistente baseado en CMS creamos a nosa páxina web en liña. Empregamos Webnode: https://www.webnode.es/

Actividade 1: Creo o meu sitio web

Tarefa 1: Rexistro en Webnode

Tarefa 2: Creo un sitio web, sobre a temática libre escollida, que terá unha páxina "Fotografías".

Tarefa 3: Comparto a ligazón cos meus compañeiros/as en Drive

Actividade 2: Creo unha páxina web local desde cero

Tarefa 1: Gardo en local calquera páxina Web e analizo o código e a estructura dos ficheiros que compoñen a mesma.

Tarefa 2: Xero unha páxina web coa estrutura básica. Apóiate na "sabana" coas etiquetas HTML.

Remite o teu traballo por correo electrónico a isabel.traballo@edu.xunta.es ou presenta na Aula Virtual.

 
Isa

CIENCIAS APLICADAS: SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

4ºB

Luns

18 de maio

Mércores

20 de maio

Xoves

21 de maio

ALUMNADO DE AMPLIACIÓN

Videoconferencia

ampliación 10:10

  • Tarefas de ampliación
  • Test na aula virtual o xoves ás 10:10

ALUMNADO DE RECUPERACIÓN

  • Última tarefa de recuperación da 1ºavaliación
  • Entrega de tarefas de recuperación o venres 22 de maio

Instrucións:

  • Alumnado de ampliación: todos os que teñen a 1º e 2º avaliación aprobadas.

  • Alumnado de reforzo: todos os que teñen algunha avaliación suspensa.

  • As tarefas se publicarán na aula virtual o luns pola maña.

  • A data límite de entrega das tarefas é o 22 de maio.

  • A videoconferencia será mediante Webex e os datos de acceso están publicados na aula virtual.

  • Para calquera dúbida o alumnado pode empregar o correo electrónico: antia.edu.bioxeo@gmail.com

Departamento de Ciencias da Natureza. Tarefas 11-22 de maio de 2020

Departamento de Ciencias da Natureza

Na seguinte ligazón atópanse as tarefas  a realizar desde o luns 11 ao venres 22 de maio de 2020

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/1776

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

Bos días:

A tarefa proposta ten como obxectivo: Relacionar o hábito do consumo de tabaco  eos seus efectos na saúde.

Tes que ler un texto e responder a un cuestionario.

Toda a información está na aula virtual.

Data límite de entrega: 22 de maio

Microrrelatos encadeados gañadores (I)

Xa tedes na AULA VIRTUAL os tres microrrelatos máis votados da primeira semana.

Xa temos tamén o inicio para a semana vindeira 

Parabéns para os gañadores e grazas pola vosa participación!

II Guerrra Mundial. Actividades da semana do 12 ao 19 de maio

Estimadas alumnas e alumnos:

 

Xa está colgada na Aula Virtual a Presentación do novo tema,a II Guerra Mundial.

Atoparedes os epígrafes, a Presentación de Power Point,o documento coas Actividades e o lugar de entrega das mesmas. 

O longo da tarde colgarei tamén a primeira tanda de actividades para  quen teña suspensa a 2ª avaliación. 

Moito ánimo!

María Pérez

TIC, Reforzo 3

Periféricos

Un periférico é un compoñente externo dunha computadora que se liga mediante conexións físicas directas (cabos ou cables) ou indirectas (radiofrecuencia ou raios infravermellos) e que serve para interactuar co sistema.

Tarefa 1: Lee o libro "Periféricos" no arquivo PDF ou na Aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/mod/book/view.php?id=1954

Tarefa 2: Investiga sobre os diferentes periféricos existentes no mercado e as súas variantes de conexión, ...

ACTIVIDADE FINAL: Crea unha presentación con 3 diapositivas. En cada unha constarán as distintas configuracións de equipos informáticos segundo o seu uso final e un prezo aproximado do conxunto:

  • Equipo básico de usuario para conexión a Internet e empregar un paquete de software ofimático.
  • Equipo para un usuario que xoga en liña.
  • Equipo para traballo de deseño gráfico.

Isabel Martínez, isabel.traballo@edu.xunta.es

4º A/B ECONOMÍA

Hola a tod@s!

Para esta semana propóñovos continuar lendo o tema 8 “El dinero y los medios de pago” e facer as seguintes actividades:

-Páxina 137: Interpreta la imagen (as catro actividades).

-Páxina 138: Actividade 1 (Usa las TIC).

-Visionado do documental “BITCOIN, LA MONEDA DIGITAL” ( Documental Criptomonedas siglo XXI Documentales moneda virtual), que podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=GJMAq0rUN8Q

OS ALUMN@S QUE TEÑEN SUSPENSA A PRIMEIRA AVALIACIÓN, EN LUGAR DE FACER AS ACTIVIDADES MENCIONADAS, TERÁN QUE REALIZAR AS SEGUINTES (DO TEMA 2):-Página 38: Actividades 4,5,6,7,8,11,12 y 16.

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (NO APARTADO ASUNTO, POÑEDE O VOSO NOME E APELIDOS E O CURSO ).

O último día para entregalas é o próximo venres 15 de Maio.

Un saúdo!.

 

Tarefas do 11 ao 15 de maio

Benquerido alumnado, tedes na AULA VIRTUAL o material, recursos e instrucións para realizar as tarefas desta semana.

Se tedes calquera dúbida non tedes máis que escribirme.

Coidádevos moito e sede prudentes cando saiades da casa.

Por vós e pola vosa xente. 

Moitos saúdos. Iago

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 11 maio

Bos días! Agardo que vos atopedes perfectamente.

Esta semana a tarefa estará dividida en dúas liñas: tarefa de reforzo, obligatoria para todo o alumnado, e una pequena tarefa de ampliación de carácter voluntario, que sería un paso máis na resolución de este tipo de circuitos.

Déixovos a planificación das tareas no arquivo adxunto. Os recursos e información precisa a atoparedes na AV. Por favor, poñédevos en contacto comigo no caso de ter dificultades para facer os exercicios e vos irei axundando para que podades resolvelos.

Unha aperta enorme!

 Jessica

Tarefas matemáticas académicas 4ºESO: 11-15 de maio

Esta semana realizaranse tres sesións por videoconferencia co seguinte horario: 

  • Martes 9:20
  • Xoves: 10:10
  • Venres: 12:20

As tarefas de cada día iranse indicando no calendario da aula virtual, na que tamén se habilitarán espazos para entregalas.

Tarefas de reforzo

O alumnado terá á súa disposición as tarefas de reforzo na sección chamada "REFUERZO" da aula virtual.

Tarefas de ampliación

O alumnado disporá tamén de tarefas de ampliación, de carácter opcional, nas que se traballarán novos contidos.

Matemáticas pendentes de 3º de ESO

O alumnado que ten pendente a materia de 3º de ESO terá outra oportunidade para entregar as actividades do plan de traballo proposto ao comezo do curso. O prazo para a entrega deste traballo ampliarase ata o día 27 de maio e poderá facerse na sección da aula virtual chamada "PENDIENTES 3ºESO". A entrega deste traballo é opcional, pero valorarase positivamente.
 
José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)
Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031