Meteoescolas

Coordinadora: Iria Chapela

Recollendo datos...

 

... da estación meteorolóxica da escola. Seguindo as medidas que nos indica o protocolo covid, e en pequeno grupo, o alumnado de 1º da ESO está recollendo unha serie de datos da estación meteorolóxica que temos no centro (temperatura máxima e mínima e precipitación).

 

Segundo a observación feita ata o de agora, semella que estamos tendo unha precipitacións abundantes. Teremos que facer unha análise estatística para confirmar esa sospeita.

 

Cartel sinalizador do tempo durante os recreos

Este ano, como parte do protocolo COVID do centro, cada un dos grupos da ESO ten asignado un patio distinto para minimizar o contacto entre o alumnado. Ademáis esta organización de espazos cambia dependendo de se as condicións meteorolóxicas son favorables ou adversas, polo que tanto o profesorado como o alumnado ten que estar ao tanto de cal é a situación do ceo para non cometer erros no uso dos espazos comúns. Para axudar nesta tarefa, o alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou un cartel sinalizador que será de moita axuda durante todo o curso.

TRATAMENTO DE DATOS TOMADOS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Desde o departamento de matemáticas partimos dos datos tomados pola estación meteorolóxica do noso CPI no mes de marzo e mes de abril do 2019. O noso obxectivo é representar o histograma de frecuencias absolutas, así como o cálculo de parámetros de centralización e dispersión da variable. 

 

COMO INFLÚE A METEOROLOXÍA NOS ECOSISTEMAS

O alumnado de 1º, 3º e 4º ESO participou nun traballo cooperativo no que poideron investigar sobre como o tempo inflúe na formación de diferentes ecosistemas. Os ecosistemas estudiados foron Illas Svalbard (Noruega), Illas Cíes e A Gran Barreira de Coral. Elaboraron uns paneis informativos sobre cada ecosistema e colocáronos nunhas estructuras de arame para representar nunha exposición no edificio da capitania de Baiona tendo así acceso a dita información toda a comunidade educativa.

Chuvia de animais

O alumnado de 1º ESO realizou un traballo de investigación acerca de chuvias curiosas. Cada alumno seleccionou sobre qué chuvia curiosa quería facer o traballo previa búsqueda en internet sobre os diferentes tipos. Investigaron sobre chuvias de peixes,  que son as máis frecuentes, chuvia de rás, chuvia de morcegos polo elevado calor e incluso choiva de sangue. Fixemos fincapé na búsqueda do fenómeno meteorolóxico que leva a este curioso evento e na maioría dos casos coincide que se produce por a creación dun tornado que eleva os animais e os deixa caer nas proximidades.

Toda a información recollida das numerosas fontes plasmárona nunha cartulina ilustrada por eles mesmos quedando traballos ben orixinais que despertan o interese do resto de alumnado do centro por dito fenómeno.

"ONDE A CHUVIA É ARTE"

 

Esta semana nas clases de Lingua aprendemos una chea de palabras para nomear a chuvia. E é que non hai mellor sinal de chuvia que vela “caír”… e así foi, caeu por todas as cabezas do alumnado… que foi bautizado cun nome de chuvia.

 

E investigamos moito sobre os nosos novos nomes, como Poalla (este si o coñeciamos) Sarabia, Froallo, Treixada, Zarzallo, Breca, Bátega, Torba, Lapiñeira, Babuxa, “Borriso” (este nome sopróunolo Víctor, o conserxe)… e moitos, moitos máis.

 

Ata nos deu para un pequeno photocall

 

Tamén aprendemos moitos refráns e ditos relacionados coa chuvia. E despois de tanto traballar, fomos preparando uns globos para a chuvia final.

 


 

E como “o que á chuvia se pon, mollado queda”, así acabamos a nosa actividade! E que ben o pasamos!

 

 

 

 

 

 

 

 

A meteoroloxía na Idade Antiga

No marco do Plan Proxecta "Meteoescolas", coordinado no centro pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Penas Facorro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO "B" participou mediante a realización dunha curtametraxe sobre algunhas divindades gregas relacionadas coa meteoroloxía, concretamente os deuses de vento, Eolo, Noto, Céfiro, Eúro e Boréas.

Nos documentos adxuntos pódese consultar o proceso de creación e elaboración da curtametraxe, que se está a gravar nestes últimos días do curso, así como o guión da mesma.

2º B no Plan Meteoescolas

Na aula de 2ºB traballamos o tempo atmosférico grazas ao Plan Proxecta!

Cada día que viñemos ao cole observamos o tempo que ía na vila de Baiona, onde está ubicado o noso centro educativo. Ademáis, fixemos un rexistro do mesmo tendo en conta o estado do ceo e do aire.

 

A temperatura exterior a medimos a través dun termómetro con forma de rá.

Unha vez tiñamos os datos do mes, tratábamos a información recollida e confeccionábamos as gráficas correspondentes.

 

Ademais do rexistro diario, levamos a cabo o proxecto "Envólvenos!". Este proxecto de aula, inclúese na materia de Ciencias Sociais. Traballamos contidos como: Vocabulario, conceptos básicos,visita á estación metereolóxica do centro...

 

 

Podes ver máis imaxes nos adxuntos!

METEOESCOLA NA AULA DE 2º A

 

Durante este curso participamos neste proxecto, con moita ilusión desde o primeiro día.

Deseñamos un espazo onde colocamos: adhesivos de distintos tipos de nubes, de termómetros, de pingas de auga, de sol e de vento; letreiros das estacións e un calendario cos meses do ano.

 Fomos recollendo todos os días lectivos datos sobre a temperatura, precipitacións, vento... Con eses datos elaboramos unhas táboas para estudar estas variables ao longo destes meses.

Este proxecto fomentou no alumnado a responsabilidade, o interese, as ganas de aprender e de investigar.

Iniciáronse en conceptos estatísticos, cando empezamos a elaborar as gráficas e a interpretar os resultados.

A nivel competencial foi a matemática, a competencia básica en ciencia e tecnoloxía e a competencia prender a aprender as protagonistas do proxecto.

SIMULAMOS UN TORNADO NO LABORATORIO

Para comprender como se forma un tornado realizamos un experimento moi sinxelo. Colocamos auga en varias botellas mixturadas con cinco ou seis gotas de deterxente, colocamos a tapa e cerramos ben para evitar fugas. Axitamos o frasco con moita forza e facémolo xirar para formar un remuiño no interior.  Este fórmase debido á corrente descendente que se crea na agua, ese fluxo ao descender comeza a xirar e á súa vez mentras está baixando, acelera a súa rotación formando un vórtice.

Nun tornado ocurre exactamente o mesmo pero con aire en lugar de agua.

OS MAIORES ENSINAN AOS MÁIS PEQUENOS A MEDIR

O alumnado de 1º ESO acompañou ao de 2º de primaria á caseta de medicións. Alí ensináronlle como diariamente anotan no caderno de anotacións as medidas de temperatura e a cantidade de chuvia caida. Tanto os alumnos de primaria como de secundaria se mostraron motivados ante esta actividade e fixaron mellor os contidos. 

ACTIVIDAD "METEOESCOLAS"

Dentro del proyecto de MeteoEscolas propuesto por el CPI Cova Terreña “UN PASEO POLAS NUBES”, el alumnado de 4º ESO de LEF realizará la siguiente actividad:

Los alumn@s-periodistas, por parejas, grabarán un parte meteorológico de aproximadamente 3 minutos en el que:

  1. Informarán sobre la previsión del tiempo meteorológico: (presentación 3 y presentación 4)

    • a lo largo de varios días con sus posibles causas y variaciones.

OBJETIVO:

  1. Profundizar la comprensión oral en francés con telediarios reales.

  2. Practicar la expresión oral en francés con seguridad y cierta fluidez.

  3. Conocer los fenómenos meteorológicos en general y los más habituales en Francia.

  4. Conocer el clima de Francia y de sus regiones de ultramar.

  5. Repasar el vocabulario relacionado con el tiempo cronológico (momentos del día, días de la semana, mes, estaciones) y adquirir el específico meteorológico, tanto en la lengua materna como en francés.

  6. Redactar correctamente y con coherencia léxica su guión

  7. Potenciar el trabajo en equipo, la colaboración y la creatividad.

Se trabajarán a partir del vocabulario y estrategias de comunicación que aparecen en su manual didáctico a trabajar en este curso, y que se completarán con un trabajo de búsqueda en internet:

  • visionado de predicciones meteorológicas en francés

  • datos sobre el clima en Francia (metropolitana y de ultramar)

  • uso de las TIC

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031