3ºESO

A meteoroloxía na Idade Antiga

No marco do Plan Proxecta "Meteoescolas", coordinado no centro pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Penas Facorro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO "B" participou mediante a realización dunha curtametraxe sobre algunhas divindades gregas relacionadas coa meteoroloxía, concretamente os deuses de vento, Eolo, Noto, Céfiro, Eúro e Boréas.

Nos documentos adxuntos pódese consultar o proceso de creación e elaboración da curtametraxe, que se está a gravar nestes últimos días do curso, así como o guión da mesma.

Saída a Madrid-Toledo do alumnado de 3ºESO - Relixión

O noso alumnado de 3ºESO - Relixión, xunto con alumnado de 3ºESO do IES Primeiro de Marzo, realizou unha saída didáctica a Madrid-Toledo onde puideron visitar distintas edificacións de culto de diferentes relixións, visitaron o Museo do Prado dentro da actividade "Cómo te imaginas la divinidad" e incluso visitaron o Congreso dos Deputados. Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930