IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Aquelas persoas que recibiron axudas de material escolar no presente curso escolar 22/23, poderán pasar pola administración do centro para recoller o cheque de 25€ adicional de ampliación de ditas axudas publicado no DOG do 14 de outubro de 2022.

A partires deste curso 2022-23 a xornada lectiva da tarde para ESO e Bacharelato Ordinario pasará a ser os luns de 16:20h a 18:00h.

O ciclo superior de informática terá como xornadas lectivas de tarde os martes é mércores de 15:30h a 18:00h.

Hoxe 22 de xullo publicáronse as listaxes definitivas das persoas con dereito ao fondo libros no taboleiro do instituto. Para consultalas deberase acudir ao centro, xa que non se permite facelas públicas doutro xeito. As persoas que fixeran a solicitude de forma telemática poderán consultar a resolución accedendo por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Aquelas persoas que teñan dereito á axuda para adquisición de material escolar, poderán recoller o cheque no centro a partires do día 1 de Setembro. Só se lle entregará dito cheque ao pai/nai/titor legal do alumno/a.

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unha produción audiovisual na que mostramos o concerto de todo o noso alumnado de música na IV Semana da Música, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música

Agradecemos a colaboración impagable da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas para desenvolver este proxecto.

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración , audición, ás creadoas do cartel deste ano e as presentadoras pola súa dedicación e profesionalidade, así como a Xairo Campos Blanco por manter ese lazo con nós capitaneando as producións audiovisuais.

Esperamos que desfrutedes con este vídeo

Bo verán!!!

 

Rematamos o curso e queriamos agradecerlle ao alumnado axudante que voluntariamente compartira os seus recreos traballando con nós na procura dunha convivencia pacífica na súa aula e no centro.

Agasallámolos cunha camiseta diseñada por Mon Lendoiro, un logo que transmite a importancia do diálogo, a escoita activa e a diversidade. Mon Lendorio é un artista/deseñador gráfico carballés que está colaborando connosco no Taller de Ilustración.

O alumnado axudante contribúe a mellorar o clima de aula e son un referente positivo para os seus compañeiros e compañeiras.

Graciñas polo voso traballo e colaboración co Departamento de Mediación, vémonos no seguinte curso e continuaremos traballando arreo con vós para que este instituto siga sendo un bo exemplo da resolución pacífica de conflitos.

O Xoves 9 de Xuño e o venres 10, os alumnos de 1º da ESO, fixeron una saída á Coruña organizada poco Departamento de Educación Física, para realizar una actividade de escalada no rocódromo de Riazor.

Esta actividade ten unha subvencion da Diputación da Coruña, e levouna a cabo a empresa de montaña AMI. Dita empresa xa veu en Decembro facer unha charla sobre as actividades de montaña que existen, para darlles un poco de visibilidade e que os rapaces as coñezan mellor ca idea de facer logo unha práctica nun rocódromo.

Pensamos que lles gustou a experiencia e que disfrutaron ca actividade

 

 

 

Este luns 23 de maio tivemos a sorte de contar un ano máis coa presencia da excelente musicoterapeuta Iria Rajal, que nos ofreceu dúas sesións do seu MÉTODO VIBRIA, unha para o alumnado de 2º Bacharelato e o outro para o profesorado.

Iria Rajal posúe unha gran mestría neste eido, e deixounos a todos marabillados con esta experiencia sonora na que empregou cuncas de cristal de cuarzo, onde as frecuencias do son espertaron moita curiosidade por parte de todos, ademais de lograr un gran estado de relaxación e un ambiente moi acolledor.