Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Wisibilízalas

Hoxe fixemos entrega da nosa páxina web para o proxecto Wisibilízalas.

A participación neste proxecto achegounos grandes cousas: mellorar o noso traballo en equipo, aprender ferramentas para deseño web así como (o máis importante) dar a coñecer e promover as mulleres no ámbito STEM mediante información sobre mulleres, películas, libros, xogos e inventos realizados por elas nestes ámbitos científico-tecnolóxicos. Espero que vos gustaran as nosas publicacións.

Deixámosvos a ligazón para que poidades ver o traballo realizado: https://sites.google.com/view/wisi-ascachirulas

#wisibilízalas #wisibilizalas #wisibilizalas2020 #Wisibilízalas #itgirls #Wisibilizalas #pargapondal #ascachirulas #universitatpompeufabra

Dende o IES Isidro Parga Pondal, queremos motivar para que as alumnas se animen a estudar carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Dentro desas iniciativas, o alumnado de 2 Bacharelato orientados e guiados pola súa profesora, Leticia Riestra Ainsua, da optativa de TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) están a traballar nun proxecto chamado Wisibilízalas. Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional do mesmo nome organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, o cal está dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O alumnado leva varios meses preparando unha páxina Web no que reflicte o contido (tanto textual, como visual e auditivo) das diferentes entrevistas que fixeron a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia (dende investigadoras en microalgas ou xenética ata enxeñeiras informáticas traballando na universidade de A Coruña).
Ademais, foron publicando nas redes sociais da biblioteca Rebolo, noticias relevantes como poden ser publicacións, artigos, libros ou películas deste ámbito STEM. Estes días tamén están a levar a cabo un concurso no que a primeira hora da mañá deixan pegadas sobre unha muller científica dando a resposta correcta á noite. Desa maneira todos aqueles que queiran poden tentar adiviñar de quen estar a falar. Dun modo ameno, están conseguido dar a coñecer
importantes noticias desde sector.
O 1 de abril coñecerán se conseguen acadar algún premio que consiste nun importe monetario para o centro.
Na seguinte ligazón tedes un vídeo resumen do que levan feito ata o momento https://youtu.be/XK5XNRd6lC8

Nova na Voz de Galicia

 

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o  “Día da  Muller e  da Ciencia . Desde o noso centro  queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número  de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer  aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo.
Destacamos así,  o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra.  Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:
  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o  traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O  alumnado leva varios meses preparando  a súa páxina web con gran esforzo, motivación e ilusión. Realizaron varias entrevistas a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia e traballaron con diferentes ferramentas para reflectir na súa páxina web o esforzo realizado.
Publicaron ademais, nas nosas redes sociais, noticias relevantes no ámbito STEM así como os progresos duranteo desenvolvemento  do proxecto.

As diferentes mulleres entrevistadas foron:
  • Verónica Rojo Oróns: Bióloga. Traballando en AllGenetics.
  • Marta Esperanza Llera: Bióloga. Investigadora
  • Marta Nael: Ilustradora.
  • Verónica Bolón Canedo: enxeñeira Informática. Profesora e investigadora.
  • Yasmin Diab López: Inxeñeira Informática. Analista programadora.
  • Tamara Riestra Ainsua: Enxeñeira Informática. Profesora de Secundaria.             
  • Ángeles Saavedra Places: licenciada en informática. Profesora e investigadora.
  • Sandra Santos Suárez: Matemática. Profesora de secundaria.
  • Iria Roca Otero: Matemática. Investigadora.

Podedes  consultar o traballo realizado no seguinte enderezo: XXX así como seguirnos nas redes sociaiss @Facebook, @Twitter e @Instagram e compartir as  nosas noticias para intentar chegar ao maior número de mulleres posibles.


A continuación gozade do vídeo resumo do proxecto

 

As rapazas e rapaces da optativa Tecnoloxía Informática e Comunicacións II (TICS II)  de 2 bacharelato guiados pola súa profesora Leticia comezaron a traballar nun concurso a nivel internacional chamado "Wisibilízalas" organizado pola Univeridade Pompeu Fabra de Barcelona cos obxectivos de:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM
  • Potenciar referentes femeninos actuais que sirvan de inspiración ás máis xóvenes
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web

Para isto, farán entrevistas a diferentes mulleres do ámbito STEM (ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e crearán unha páxina web con vídeos, fotos e texto con ditas entrevistas.
Podedes seguir a súa andadura con este proxecto a través das canles sociais da Biblioteca Rebolo:

  • Twitter: @bibliorebolo
  • Instagram: @bibliorebolo
  • Facebook: Biblioteca rebolo

Agradecemos a máxima difusión seguindo e compartiendo nas vosas redes sociais.