Hoxe, día 15/01/2023, ás 18:30 temos a charla sobre o programa YAM (programa escolar dirixido ao alumnado de 3º ESO no que se aprende a debatir sobre saúde mental).
Esta charla está impartida pol Dra. Sara Buyo, médica residente en psiquiatría no CHUAC.
Dende o departamento de orientación consideramos altamente recomendable esta charla.
Vémonos ás 18:30!!!
Queremos amosarvos algunhas das fotos da presentación de onte do programa de alumnado axudante á 1º ESO.
Contamos coa colaboración dos nosos alumnos e alumnas axudantes de 3° e 4° da ESO, que expuxeron dunha forma moi dinámica as funcións do alumnado axudante e tamén contaron as súas experiencias nestes anos e o seu enriquecemento persoal.
#alumnadoaxudante #ninguenquedafora
Segundo a Orde pola que se convocan os Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, os prazos e requisitos para a solicitude dos mesmos serán os seguintes:
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
(A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015,do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e dobacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia, DOG do 29 de xuño de 2015).
PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de abril ó 26 de maio de 2021.
Gracias á entidade Vieiro o alumnado de 1º e 2º do noso centro recibe as sesións sobre habilidades persois e Sociais, proporcionando ao alumnado habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria, ademais de dotes de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable. Nas últimas sesións facilitará información sobre as distintas sustancias adictivas ás que o alumnado pode ter acceso.
O alumnado de 3º e 4º recibe as charlas impartidas pola pedagoga Dalila Vizcaíno que pertencen ao programa de prevención de conductas adictivas. Lleva por lema Non pasa nada,pasa algo? e ten a finalidade de ofrecer información clara, concisa, real acerca dos efectos e consecuencias do consumo de drogas.
O departamento de Orientación do IES Isidro Parga Pondal, coa estreita colaboración do departamento de Mediación, titores e titoras da ESO e a Dirección queremos agradecer unha vez máis a Vieiro a súa labor tan necesaria para o noso alumnado e comunidade educativa, e o noso agradecemento a Patricia Rodríguez e a Dalila Vizcaíno pola súa profesionalidade, implicación e sensibilidade co noso alumnado.
No seguinte enlace pódese acceder á programación do departamento para este curso 2020/21:
A UDC nun clic!
Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo. Achégate!
Benvido/a á Universidade da Coruña!
Benvido/a ao teu futuro!
É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.
Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...
Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.
Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/
E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS
Disporedes de:
Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.
Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.
Benvido/a á Universidade da Coruña!
Benvido/a ao teu futuro!
Un cordial saúdo,
Gisela Lourido
Xefa do Servizo de Estudantes UDC
Páxina de acceso para alumnado de 3º e 4º ESO que vai ao examen de acceso a ciclo medio.
Alumnado Bach. interesado no ciclo superior. Orientación académica e profesional.
Orientación académica . CIUG. Alumnado de Bach, 3º e 4º ESO. Ciclo superior.
Becas ESO, Bach, Universidade. Orientación académica.
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas.html
Orientacións para a xestión psicolóxica da corentena polo Coronavirus.
Consellos para traballar cos fillos dende a casa.
Orientación académica. Bach.
Equivalencia do título da ESO e do BACH para acceder á oposicións. ( vídeos)
https://youtu.be/94CR0XGYQwY
https://youtu.be/rqWCasMx17M
Quérote mais (ESO, Bach, Adultos) Obxectivo: Prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude naquelas áreas nas que se podía aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.
http://xuventude.xunta.es/querote-mais
Técnicas de estudio (Bach, Adultos) Obxectivo: Recursos, testimonios, consellos e ideas para que o alumnado poda rendir ao máximo e obter bos resultados académicos
https://drive.google.com/file/d/1qdjM6VLIcQDUH9EH3VOyM8PuxsO-6DTv/view
Víctor Kuppers.O poder da actitudes.
https://www.youtube.com/watch?v=73sEuw3LYaM
Víctor Kuppers.Cómo vivir con alegría.
https://www.youtube.com/watch?v=GQLXFIcMJzw
Víctor Kuppers.Vives do que transmites.
https://www.youtube.com/watch?v=gUbI39zMHV0
Víctor Kuppers. Por que é tan importante aprender a escoitar
Adxúntanse fichas para traballar a atención e concentración durante a corentena
Fichas para descargar |
---|
IMG_6393.jpg |
IMG_6394.jpg |
IMG_6395.jpg |
IMG_6396.jpg |
IMG_6397.jpg |
IMG_6398.jpg |
IMG_6399.jpg |
IMG_6401.jpg |
IMG_6402.jpg |
IMG_6403.jpg |
IMG_6405.jpg |
Recopilación de 10 películas para comprender las claves de la inteligencia emocional y las habilidades sociales
http://habilidadsocial.com/peliculas-inteligencia-emocional-y-social/
Informe do Plan Proxecta do IES Isidro Parga Pondal correspondente o curso 2015/2016.
Enlace á presentación: https://onedrive.live.com/view.aspx?resid=7B7863994A2137BC!140&ithint=file%2cpptx&app=PowerPoint&authkey=!AAAJ_UGndfZoTJ4