Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O noso centro está en posesión da Carta Erasmus para o período 2014-2020, o que permite a posibilidade para os alumnos para realizar o período de prácticas do módulo de Formación en Centros de Traballo no extranxeiro, así como a mobilidade de profesores de Ciclo Superior para completar a súa formación en centros e cursos na UE dentro do programa Erasmus+.

Os alumnos que opten por esta modalidade poderán realizar as 384 horas de formación en empresa mediante un acordo do IES Parga Pondal con empresas da UE, de xeito que o recoñecemento dos 22 créditos ECTS correspondentes ás mesmas estea asegurado.

De momento non está dispoñible a posibilidade de realizar outros módulos mediante o programa Erasmus+.

Read this page in English