Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Radio na biblio

Rebolondas en directo! Como xa é tradición, hoxe, dende ás 12:00 horas, o alumnado do Obradoiro de Radio de 1° da ESO emitirá o programa especial de fin de curso. Falaremos da chea de cousas que fixemos durante o curso e haberá entrevistas. Tamén teremos música en directo grazas ao alumnado de 4° da ESO e de 1° de Bacharelato.
A ligazón do streaming en directo é :https://youtube.com/live/gVsgDeelj4I

Dentro das actividades do Obradoiro de radio, o alumnado de 1º da ESO preparou un podcast sobre o Trastorno do Espectro Autista. Achegaron información relevante e entrevistaron a Adrián Moteseirín da asociación Un Paso Máis de Carballo, e a Mar Eirís, profesora de Pedagoxía Terapéutica do noso IES. Agardamos que vos guste.

Ligazón: https://go.ivoox.com/rf/130248292

O pasado venres 7 de Xuño un dos grupos do obradoiro de radio do IES Parga Pondal achegouse ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a entrega dos VI Premios de podcast escolar O Vello dos Contos.

O grupo, formado polas alumnas de 1º da ESO Adela Baldomir, Dafne Cantelar, Nerea Collazo, Carla Picos, Celtia Vázquez e Laura Villares, resultou finalista e recolleu o seu premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística e do Presidente da RAG.

O podcast presentado trata da relación de Luisa Villalta coa música a través da súa obra literaria. En menos de cinco minutos, fai unha revisión dos diferentes xéneros que traballou a escritora homenaxada no Día das Letras Galegas e descobre como a música é o fío condutor de todos eles

Ligazón para escoitar: https://go.ivoox.com/rf/130248417

O pasado día 23 de maio, tivo lugar unha actividade de formación de radio onde o alumnado puido aprender: como funcionan os equipos, como trasladalos, o software (edición con Audacity) como elaborar un podcast e todas as posibilidades que ofrece.

Os relatores foron Tomi Legido e Mariano Fernández, da empresa 10d10, que levan máis de 20 anos dando formación nos centros de ensino e son dous dos fundadores de CUAC Fm

Esta formación está englobada dentro do programa Radio na Biblio

O noso alumnado de bacharelato que participa no taller da radio e tamén o alumnado coa optativa de música van facer o vindeiro venres 22 unha emisión en directo dende o Casino 1889 de Carballo. Podedes entrar, completamente de balde, ata completar aforo. Dende ás 11:00 ata as 12:30. Non volo perdades posto que haberá entrevistas, opinións, unha mesa redonda e música en directo.

cartel

 

"Noto frío. Estoy temblando. Ya no sé si temblo por el frío o de puros nervios. Estoy boca abajo. Sobre el suelo de la cocina. Desnuda y helada. La sangre sale de mi cuerpo sin parar".

Así comeza o libro de Noelia Míguez, coautora de “Ocho señales: cuestión de vida o muerte” e vítima e supervivente de violencia de xénero.

Hoxe tivemos a sorte de contar con @noedorinda para ofrecer esta impactante charla ao alumnado de Bacharelato. Noelia explicounos cales son os sinais dunha relación tóxica e como van escalando pouco a pouco nese tipo de relacións.

Despois, ao rematar, algúns dos participantes no taller da radio fixéronlle unha entrevista da que dentro de pouco farémosvos partícipes.

Grazas Noelia!

#dorifuerza #dorihistoria #proxecta+

Co gallo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, o grupo de Bacharelato do Obradoiro de Radio gravou un podcast para axudar a coñecer e poñer en valor esta institución. Fixeron especial fincapé na figura de Don Isidro Parga Pondal, xeoquímico que da nome ao noso centro, e unha das figuras claves do Seminario. O noso agradecemento e parabéns polo traballo a Xulia, Lara, Lucía, Sara, Lola, Ana, Cristina e Pablo. Velaí vos deixamos a ligazón ao programa:

 

bookface

 A Biblioteca Rebolo organiza un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)

O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.

Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.

QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil

DATOS: Nome e apelidos

ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com

DATA LÍMITE: 19 de abril.

Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.

 

HABERÁ UN PREMIAZO!!!

CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro


PREMIOS CATEGORÍA A:

1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros

PREMIOS CATEGORÍA B:

1º premio: libro + cheque regalo "relax"

 

Mais información:

https://bibliotecarebolo.blogspot.com/