Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

2º Bac

 

Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan  minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a  capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.

Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife.  Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.

Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.

Chelsea GonzálezCHELSEA GONZÁLEZ, DO IES ISIDRO PARGA PONDAL DE CARBALLO, OUTRA VEZ FINALISTA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

A VI Olimpiada Filósofica de Galicia leva, un ano máis, o nome do IES Isidro Parga Pondal, ao rematar finalista Chelsea González Besada coa curta AFTERLIFE. Non é a primeira vez que o centro se clasifica para a Olimpíada, pero si que é a primeira vez que repite premio e finalista, pois Chelsea xa participara na pasada edición xunto con unha compañeira quedando en primeiro posto e participando na nacional. A Olimpíada Filosófica consta de 4 modalidades: disertación, fotografía, dilema moral e curtametraxe.  Nesta ocasión o Isidro Parga Pondal participou na de curta con AFTERLIFE. O 14 de Marzo Chelsea defenderá a sua obra na Facultade de Filosofía en Santiago de Compostela.

Moita sorte, seguro que nos vemos na nacional!

Nova na Voz de Galicia

Nova en Que pasa na Costa