Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Historia

As datas para os exames de pendentes das materias do Departamento de CC.SS. Xeografía e Historia son as seguintes:

  • Primeiro cuadrimestre exame o venres día 15 de xaneiro, de 17.00 horas ás 18.00 horas.
  • Segundo cuadrimestre exame o venres día 16 de abril, de 17.00 horas ás 18.00 horas.
  • Exame final o venres día 14 de maio, de 17.00 horas ás 18.00 horas.

 

XEOGRAFÍA

2º Bac

 

 

 

Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?

 

 

Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Xeografía de España de 1º de bacharelato.

 

 

Departamento de Xeografía e Historia.

 

 

Que é a Xeografía ?

 

Materia que está da máis rabiosa actualidade. Comprenderás mellor as claves e as estratexias do presente. Conceptos como as renovables, New Deal Verde, ou o cambio climático deixarán de ser un misterio.

  

Para que me serve esta materia?

 

Coñecer o territorio español, froito da interrelación de factores naturais e antrópicos ata darlle o resultado actual, sen esquecernos da mundialización das actividades económicas, da información e das relacións globais. Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual.

 

Por que é unha materia clave no bacharelato?

 

Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias. Afrontar o estudo do territorio español e da súa morfoloxía permítenos ordenar, estruturar e comprender os contidos de todas as disciplinas do bacharelato.

 

Por que usamos unha metodoloxía innovadora?

 

Porque o coñecemento, o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, o arte, a literatura, os debates a filmografía e os documentais, son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por uns resultados inmellorables. Así, non só un 100% de aprobados, senón tamén nota media de 10 puntos no bacharelato ordinario e moi bos resultados na ABAU.

 

E cando remate o bacharelato?

 

Cursar esta optativa, ademais de axudarche a preparar Historia de España, permitirache subir a nota de acceso ata 2 puntos, en moitos graos universitarios das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas, Arte e Humanidades.

 

E se quero facer un ciclo?

 

Resultarache moi útil se pensas facer un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes ou un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.

 

Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.

 

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

1º Bac

 

 

 

Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?

 

 

 

 

Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato.

 

 

Departamento de Xeografía e Historia.

 

 

 

 

Que é a Historia do Mundo Contemporáneo?

 

Materia que está da máis rabiosa actualidade. Aprenderás a conectarte co pasado máis recente e explicar as claves do presente.

 

 

Para que me serve esta materia?

 

Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual. Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias.

 

 

Por que é unha materia clave no bacharelato?

 

Permítenos afrontar, moito mellor preparados, unha das materias troncais de 2º bac, Historia de España.

 

Por que usamos unha metodoloxía innovadora?

 

Porque o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, a filmografía, o arte, a literatura, os debates son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por un resultados inmellorables nos últimos anos.

 

 

 

E cando remate o bacharelato?

 

Lograrás unha gran información que che posibilitará un pensamento libre. Adquirirás coñecementos moi válidos para múltiples graos universitarios coma Xornalismo, Historia, Filoloxía, Antropoloxía, Criminoloxía...

 

Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.

 

Publicada a data do exame de avaliación final ordinaria de Historia do Mundo Contemporáneo.

Martes 16 de xuño ás 18.00 horas. Duración do exame unha hora. Tes quince minutos máis para crear un documento coas imaxes escaneadas ou fotografiadas e mandarmo. Pasado ese tempo o exame quedará invalidado.