Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Informática

A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios de 1º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.

1º Ciclo

Día Hora Materia
Xoves 15 Xuño 11:30 Xestión de Bases de Datos
Venres 16 Xuño 11:30 Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
Luns 19 Xuño 8:30 Planificación e Administración de Redes
Martes 20 Xuño 8:30 Implantación de Sistemas Operativos

2º Ciclo

Día Hora Materia
Venres 16 Xuño 11:30 Implantación de Aplicacións Web
Martes 20 Xuño 8:30 Administración de Sistemas Operativos

A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios de 1º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.

1º Ciclo

Día Hora Materia
13 8:30 Xestión de Bases de Datos
14 8:30 Fundamentos de Hardware
15 8:30 Implantación de Sistemas Operativos
16 8:30 Planificación e Administración de Redes
17 8:30 Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información

A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.

1º Ciclo

Día Hora Materia
14 16:00 Xestión de Bases de Datos
15 11:00 Fundamentos de Hardware
16 9:30 Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
17 8:30 Planificación e Administración de Redes
18 8:30 Implantación de Sistemas Operativos

2º Ciclo

Día Hora Materia
10 8:30 Administración de Sistemas Operativos (Administración Linux)
11 8:30 Administración de Sistemas Operativos (Administración Windows)
14 10:45 Administración de Sistemas Operativos (Exame Teórico)
15 9:30 Implantación de Aplicacións Web
16 9:00 Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos
17 8:30 Servizos de Rede e Internet
18 8:30 Seguridade e Alta Dispoñibilidade

O xoves desta semana, é 11 de febreiro e conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso, desde a biblioteca quixemos levar a cabo durante a semana varias iniciativas. 

Panel con toda a exposición


Nas vitrinas montamos unha exposición con libros de temática STEM para fomentar o estudo e ensino das ciencias e as matemáticas desde os primeiros anos da Educación Secundaria ata o Bacharelato
 

Vitrinas con libros      

 

Vitrinas con libros      

 

 No panel verde da entrada, colocáronse tres exposicións simultáneas.

  • A primeira delas sobre diferentes mulleres contemporáneas divulgadoras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía Enxeñería e matemáticas) que empregan redes sociais para levar a cabo este labor, e que vos aconsellamos seguir.
  • A segunda sobre persoas LGTBI de ámbito científico que tamén realizan divulgación en ciencia dunha forma amena. 
  • E unha terceira sobre mulleres inventoras e mulleres científicas xa falecidas que foron referentes en diferentes campos de ámbito STEM ou ben que desenvolveron grandes inventos relevantes para a sociedade. As fichas desta exposición foron levadas a cabo polo alumnado da optativa de TICS de 2º de bacharelato A dentro da súa participación no concurso internacional Wisibilízalas organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona cuxos obxectivos precisamente son romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM e potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
Mulleres divulgadoras
Mulleres divulgadoras
 
Persoas LGTBI de ámbito científico
 
Mulleres inventoras e científicas

 

O propio xoves 11 temos unha charla organizada pola Iniciativa 11 de febreiro (https://11defebrero.org/) lanzada en setembro de 2016 por un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro co obxectivo de encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.

Esta tertulia será guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan Dona TIC.

A esta charla asistirá o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato que cursan a materia optativa de TICS e Introdución á programación. Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) faranlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro para a súa posterior emisión en formato podcast para que poida ser escoitado por toda a Comunidade Educativa.

Verónica Bolón Canedo


O noso agradecemento ao blogue "Social Media en Investigación" que ten como obxectivo fusionar a ciencia e as redes sociais, e dar a coñecer proxectos de divulgación científica. O material usado para a exposición de mulleres divulgadoras e ciencia Arco Iris foi obtido de dúas das súas iniciativas:

  • #MujeresDivulgadoras para visibilizar as mulleres no mundo da ciencia, especificamente no ámbito da divulgación. A información que atoparedes será a súa biografía, algunha das súas opinións sobre a divulgación científica e un vídeo onde as poderedes ver en acción. Van xa pola 4º edición. Máis información en https://socialmediaeninvestigacion.com/mujeres-divulgadoras-ciencia/ 
  • #CienciaArcoíris que ten como obxectivo visibilizar a persoas LGTBIQA+ do ámbito científico de distintas áreas do coñecemento (Física, Matemáticas, Bioloxía, Historia, Arqueoloxía, etc.). Máis información en https://socialmediaeninvestigacion.com/cienciaarcoiris/

 

Novas na prensa:
   - Que pasa na Costa