Dentro do Plan Proxecta +, tivemos unha charla hai uns días, sobre violencia de xénero a cargo de @noedorinda, vítima e supervivente de violencia de xénero.
Despois da impactante charla co alumnado de Bacharelato, Noelia Míguez achegouse ao estudo de Rebolondas onde as alumnas de Bacharelato fixéronlle unha moi interesante entrevista. Deixámosvos o link para que non vos perdades a cantidade de cousas interesantes que nos deixou o seu testemuño.
#dorifuerza #dorhistoria #proxecta+
https://go.ivoox.com/rf/126963148
O pasado mércores 3 de abril o noso alumnado de 2°ESO asistiu a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, no marco do Plan Proxecta + " Programa por 365 días de respecto e igualdade" da Secretaría Xeral da Igualdade, impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade
#proxecta+
"Noto frío. Estoy temblando. Ya no sé si temblo por el frío o de puros nervios. Estoy boca abajo. Sobre el suelo de la cocina. Desnuda y helada. La sangre sale de mi cuerpo sin parar".
Así comeza o libro de Noelia Míguez, coautora de “Ocho señales: cuestión de vida o muerte” e vítima e supervivente de violencia de xénero.
Hoxe tivemos a sorte de contar con @noedorinda para ofrecer esta impactante charla ao alumnado de Bacharelato. Noelia explicounos cales son os sinais dunha relación tóxica e como van escalando pouco a pouco nese tipo de relacións.
Despois, ao rematar, algúns dos participantes no taller da radio fixéronlle unha entrevista da que dentro de pouco farémosvos partícipes.
Grazas Noelia!
#dorifuerza #dorihistoria #proxecta+
Seguindo co Plan Proxecta +, estas dúas semanas tivemos exposto na entrada do instituto 15 cartas de amor, debuxos de artistas da fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Jack Mircala, Pirusca entre moitos outros.
Con "Cartas de Amor", a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, a veces, vai asociada a elas.
#proxecta+ #cartasamor
A organización médicos do mundo estarán este xoves 25 de xaneiro no instituto para ofrecer unha charla ao alumnado de 2ºESO A e 2ºESO B que participan no Proxecta 365 días de respecto e igualdade.
A charla tratará sobre a nova escravitude do século XXI como a trata de seres humanos con fins de explotación ou outra forma de violencia sexual.
#respeto #igualdad #proxecta+
Dentro do plan proxecta+, continuamos cunha charla sobre sexismo no publicidade dirixido ao alumando de 2 da ESO.