Do 11 ao 19 deste mes de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula de ensinanzas de adultos correspondentes ao segundo cuadrimestre nos módulos II e IV
Do 11 ao 19 deste mes de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula de ensinanzas de adultos correspondentes ao segundo cuadrimestre nos módulos II e IV
Nos seguintes documentos pódense consultar os contidos mínimos e criterios de cualificación das materias impartidas polo Departamento de Economía dende 4ºESO ata 2º Bacharelato, ademais das programacións dos módulos de ciclo formativo.
O Departamento de Música, quere ofrecervos para celebrar o Nadal 2020, o traballo que o alumnado estivo a preparar con moito esforzo, espírito colaborador e entusiasmo.
Agradecemos a dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, a todo o profesorado e persoal non docente, todas as facilidades para levalo a cabo. Queremos facer unha mención especial, ao equipo de alumnos/as encargados da montaxe e deseño gráfico deste vídeo, pola súa dedicación e profesionalidade.
Este ano, o final da gravación contén sorpresa.
Bo nadal!!!
Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2020 convocado polo EDLG en colaboración cos Departamentos de EPVA e de Lingua Galega.
(preme nas imaxes para velas máis grandes)
Parabéns aos tres gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!
Felices festas!
O pasado venres 18 de Decembro, o equipo da Biblioteca do noso centro organizou unha charla motivacional, a petición do Departamento de Orientación, para o alumnado de 2 de bacharelato de cara a axudarlles a afrontar este curso tan importante.
Na charla participaron tres antigas alumnas da promoción do ano pasado: Aida Duarte, Saray Gende e Elena Fariña que aceptaron encantadas o reto de contar a súa experiencia e tentar motivar e resolver as dúbidas dos seus compañeiros.
Durante dúas horas, unha para cada un dos grupos de bacharelato, contáronlles a súa experiencia sobre como preparar e estudar de cara a preparación das ABAU, como levaron e afrontaron o estudo en tempo de pandemia así como consellos sobre a proba en si.
Desde o EDLG convocamos por segundo ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes:
FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio.
MATERIAL: Cartolina ou folio.
MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega.
TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...).
CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ...
DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal.
ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores de Galego ou de EpeVA ata o venres, 11 de decembro.
PREMIOS: O xurado concederá 3 premios e diplomas ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración e texto en lingua galega.
- Farase unha exposición coas postais participantes no concurso.
- A postal gañadora poderase editar para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
Anímate e participa!
Queremos informarvos que desde o luns 30 de novembro desaparece o funcionamento de acceso á biblioteca empregando a cita previa. Agora poderedes acceder cando o necesitedes.
No caso de non producirse aglomeracións, seguiremos mantendo este novo sistema ao longo do curso.
En calquera caso, os protocolos de limpeza de mans e dos postos así como o resto de normas mantense vixentes
Esperámosvos na vosa biblioteca!!