No noso centro, buscamos que todo o mundo teña o seu espazo compartindo experiencias enriquecedoras durante os recreos, desenvolvendo unha serie de talleres para darlles unha nova visión aos tempos de lecer, favorecendo a inclusión e mellorando a convivencia.
Os talleres son flexibles e varían en función dos intereses do noso alumnado. Ao comezo do curso o propio alumnado fixo diferentes propostas de actividades para os talleres. A intención é a participación de toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado) no proceso de deseño e xestión das actividades.
Deste xeito, temos unha ampla oferta para cubrir todos os recreos da semana grazas á implicación e colaboración do profesorado do centro.
Así, contamos cun calendario semanal onde figuran os diferentes talleres propostos, a ubicación e as persoas responsables de cada un. Este calendario está elaborado con pictogramas para que a súa información sexa accesible para todos.
Podedes consultar un víde informativo na nosa páxina de Facebook
#patiosinclusivos #convivencia #ninguenquedafora
En colaboración coa Asociación Visibles (@asociacion.visibles), imos ter no noso centro, o martes 17 de outubro ás 18:00 un obradoiro GRATUÍTO dirixido ás familias e profesorado, impartido pola recoñecida sexóloga e xinecóloga Carol Strate @alumbramujer.
Nel a través de dinámicas de grupos, aprenderase a abordar a educación sexual integral proporcionando ferramentas necesarias para medrar con confianza e seguridade nunha sociedade que nos bombardea con mensaxes confusas sobre a sexualidade.
Carol ensinará a previr o maltrato e a violencia sexual, a promover a igualdade de xénero, a tolerancia e o respecto, e a tomar as mellores decisións no ámbito sexual.
Estas actividades e intervencións enmárcanse dentro do programa FOIO0A/2023: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2023 da Deputación Provincial da Coruña.
#EducaciónSexual #CarolStrate #Familias #Profesorado #SexualidadeIntegral #alumbramujer
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos de máis prestixio do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.
O FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes enteiro de programación, con máis dunha trintena de espectáculos e ducias de actividades paralelas, convertendo a Carballo na capital das artes escénicas do país.
Este ano, a ilustradora galega nada en Carballo Laura Tova firma o cartel do FIOT, cunha ilustración que mostra unha aperta colectiva para avanzar a filosofía do encontro de artes escénicas de referencia de Galicia nesta nova edición: a loita contra a intransixencia a través de personaxes que representan a empatía, o agarimo, o afecto… e que se funden nun abrazo diverso no que a Cultura e Carballo son tamén protagonistas.
Con FioTEEN, reúnen propostas específicas para os adolescentes, presentando as obras en primicia no auditorio con funcións só para o alumnado.
As datas nas que o noso alumnado vai a asistir ás funcións de teatro co gallo do FIOT 32 son as seguintes:
- 4 outubro coa función “Apaga o candil” para o alumnado de 3ESO.
- 24 outubro coa función “Puños de harina” para o alumnado de 1BAC e 2BAC.
- 23 novembro coa función “Alma de tigre” para o alumnado de 4ESO.
Este novo curso 23/24 queremos achegarnos moito máis a vós, para informarvos de todas as actividades e de todo o que acontece no centro.
Para iso, ademais da Web e o Facebook de centro, temos de recente creación unha conta de Instagram @isidropargapondal.
Convidamos a toda a comunidade educativa a seguirnos a través das redes para estar ao día de todos os proxectos, talleres, obradoiros, saídas e actividades que facemos.
Este curso o IES Isidro Parga Pondal recibiu máis solicitudes de prazas de bus no casco urbano que as concedidas polo servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia. Comunicouse a Mobilidade esta circunstancia, pero non se conseguiron máis prazas. As paradas en cuestión están no casco urbano e a menos de 2 Km do instituto, polo que non temos dereito a esixir máis prazas, só podemos empregar as vacantes.
Despois de dar moitas voltas intentando atopar a mellor solución, decidiuse asignar as prazas por distancia ao centro e por curso. Tomouse a seguinte decisión:
-O alumnado de 4º da ESO non ten dereito ás paradas de bus máis próximas ao instituto: R/Luís Calvo e R/Carballo Calero (CEIP Bergantiños).
-Tampouco hai praza para 1 persoa na parada de Librería Villar. Esa persoa é a de maior idade das que a solicitaron, con data de nacemento 13/02/07.
O resto do alumnado ten asignadas as prazas solicitadas, salvo decisión contraria de Mobilidade.
Desde o IES Isidro Parga Pondal pedimos desculpas ás familias afectadas.
Benvidas/os ao curso escolar 2023/24.
O próximo luns día 11 de setembro comezarán as clases. As horas de presentación dos diferentes niveis serán as seguintes:
"Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de experiencias"
(Constantino Kavafis).
No arquivo adxunto pódese obter información sobre as asignacións aos diferentes grupos e as materias optativas que se van a cursar.
A asignación de materias optativas é o resultado de cadrar as preferencias de cada alumno/a expresadas no formulario de matrícula coas limitacións de medios materiais e humanos do centro, polo que non existe a posibilidade de cambios. Para cualquiera dúbida sobre este asunto, consúltese con xefatura de estudos.
Achégase documento pdf coa listaxe dos libros de texto para o curso 23/24.
Pulse aquí para obter o arquivo en PDF.
Presentación da emisión en directo de Radio Rebolondas.
Lembra que podes ver o programa completo emitido días atrás no vídeo publicado na canle de YouTube.
O pasado mes de maio o alumnado do centro, dirixido polo departamento de Música, celebrou o festival da V Semana da Música. No seguinte vídeo podes ver o concerto de peche da semana.