IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Os nosos parabéns á alumna Lola Collazo Couto de 4º ESO A por ter acadado un premio accésit (por segundo ano consecutivo) no XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Relato curto), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña. 

Ademais de varios agasallos, o premio inclúe a publicación do relato.

Animamos a todo o alumnado do noso centro que, como Lola, teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións.

 

 

 

A pasada semana tivo lugar o acto de entrega dos donativos que se recadaron para enviar axuda humanitaria a Ucraína. En total 427 euros que se destinarán a financiar parte dun ecógrafo que se enviará a cidade de Kiev.

Este proxecto que se desenvolveu na materia de Iniciativa á actividade empresarial e emprendedora que cursa o alumnado de 4ºC permitiu adquirir competencias na relación co mundo da empresa, pois tiveron que procurar colaboracións de agasallos para rifar, pedir orzamentos para a elaboración das rifas, contratar prestacións de servizos, recoller albaráns e facturas e viron de xeito práctico un proceso de venta utilizando o marketing dixital.

Destacar a colaboración de Imprentas Paco, Masquetinta, Idea Carballo, Atmosfera Sport, Dequip e Informática Valem SL. Esta aprendizaxe tivo de trasfondo un fin social, que fomenta a educación pola paz e os valores da necesidade de diálogo.

Os donativos foron entregados á Asociación de Bombeiros da Coruña nunha charla no IES PARGA PONDAL onde nos falaron do traballo humanitario destas últimas visitas a Ucraína, así como en Siria ou Etiopía.

 

Para a elaboración dos orzamentos de 2022/2023 podedes participar cubrindo un formulario e aportar nel as vosas suxestións. O resultado non será vinculante pero vai servir para que poidamos detectar necesidades non cubertas e plantexarnos, este ano ou en anos sucesivos, tentar cubrir esas necesidades na medida do posible. A dirección vai ser a que tome as decisións últimas de gasto.

Para cubrir o Formulario/Enquisa é necesario que esteades coa vosa conta da aula virtual aberta. Poderán participar profesores/as e alumnos/as.

Estará aberto ata o 27 de maio.

O enlace da enquisa é o seguinte:


https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/aulavirtual/mod/feedback/view.php?id=31985

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro:

CATEGORÍA A:

  • 1º premio: ÁNGEL SUÁREZ LOUREIRO. 1º ESO C. 
  • 2º premio: LUCÍA VILARES SOUTO. 1º ESO C. 
  • Accésit: SARAY GENDE COLLAZO. 1º ESO E. 

CATEGORÍA B:

  •  1º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3º ESO B. 
  • 2º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 4º ESO A.

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! 


 

 

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias.

Animádevos a participar! 

 


 

 

 

A nosa exalumna Ana Cambón, controladora da Axencia Espacial Europea, impartiu unha charla aos alumnos de bacharelato o pasado mércores 6 de abril. 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/04/07/carballo-agencia-espacial-europea/0003_202204C7C69910.htm

 

 

 

Ana Cambón: «Na Axencia Espacial Europea nada temos que envexarlle aos americanos»

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2022/04/13/span-langglna-axencia-espacial-europea-temos-envexarlle-aos-americanosspan/0003_202204C13C8991.htm

 

bookface

 A Biblioteca Rebolo organiza un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)

O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.

Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.

QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil

DATOS: Nome e apelidos

ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com

DATA LÍMITE: 19 de abril.

Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.

 

HABERÁ UN PREMIAZO!!!

CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro


PREMIOS CATEGORÍA A:

1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros

PREMIOS CATEGORÍA B:

1º premio: libro + cheque regalo "relax"

 

Mais información:

https://bibliotecarebolo.blogspot.com/

Esta noite hei de ir a verte, obra incluída dentro da programación anual da materia de Lingua galega e literatura, centrou o terceiro encontro literario do curso, organizado polo Departamento de Galego coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dos EDLG.

O pasado 16 de marzo achegouse ao noso centro a profesora, investigadora e escritora compostelá Beatriz García Turnes, para manter un encontro literario coa alumnado de 4º ESO, no marco da programación anual da materia de Lingua galega e literatura, que inclúe a lectura da obra Esta noite hei de ir a verte, como complemento aos contidos de lingua, literatura e sociolingüística deste curso.

 

 

Entre o 22 e o 25 de marzo, o alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, Martín Cambón Recarey, titorizado polo profesor Diego Terrón del Valle, está a participar no IFEMA na competición estatal de FP Spainskills.