IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O DEPARTAMENTO DE MÚSICA quere ofrecervos, para festexar este Nadal 2022 e a entrada no ano 2023, este concerto no Pazo da Cultura de Carballo, co traballo que o alumnado de música estivo a preparar con moito esforzo, espírito colaborador e entusiasmo

Agradecemos a inestimable e desinteresada axuda da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, e de todo o profesorado e persoal non docente, xa que sempre nos facilitaron as tarefas con moita paciencia, facendo posible en todo momento a realización deste concerto de Nadal, inviable sen a súa inestimable axuda.

Por outro lado, queremos resaltar á implicación do alumnado de música que fixo unha gran piña, para lograr plasmar este Concerto de Nadal, facendo unha excelente labor e merecendo unha mención especial:

• ALUMNADO DE BATERÍA que todos os mércores traballa arreo con Patricia Rodríguez e por iso, avanza sen parar: Valeria Rodríguez, Candela Gerpe, Sara Lantes de 2º ESO D; así como outros alumnos baterías, Pablo Caamaño de 3º ESO A, Alberto García e Brais Villar de 2º Bach B

• EQUIPO DE ILUSTRACIÓN, que non pararon de deseñar, facer debuxos para darlle vida e así poder plasmar en imaxes o conto musicado Xandre e a frauta misteriosa: Mariana Rodríguez de 3º ESO C, Lara Pereiro, Nerea Varela de 4 º ESO A, Sara Xian Blanco de 4º ESO B, Xulia Arán, Laura Mouro, Icía Veiga de 4º ESO C, Lara González, Izan Grille, Ana Vázquez de 1º Bach A, Ana Muñiz, Paula Rodríguez de 1º Bach B e Rebeca Gómez de 2º Bach A

• PRESENTADORAS E NARRADORAS, que guiaron marabillosamente este concerto: María Puga de 3º ESO A, Carla Doldán, Noa Fraga, Uxía Porteiro, Mariana Rodríguez de 3º ESO C, Nair Ares, Janet Castro, Uxía Lobera e Ainhoa Martín de 3º ESO D. • O EQUIPO DE SON E IMAXE, que xunto a Gonzalo Porteiro, técnico de son do Pazo da Cultura, coordinaron fantasticamente as imaxes e luces durante este concerto: Ana Muñiz, Paula Rodríguez de 1º Bach B, Sara Xian Blanco de 4º ESO B.

• Alumnado solista que deleitounos co seu bo facer, tanto no conto Xandre e a frauta misteriosa: a soprano Xulia Arán (4º ESO B), e a frautista Candela Gerpe (2º ESO D), como durante o concerto, os recentemente estreados pianistas Marcos Suárez e Diego Barbeira (4º ESO A).

• Alumnos encargado de recoller os elementos de atrezzo, Alberto García e Brais Villar de 2º Bach B e todo alumnado de 4º ESO, 3º ESO e 2º Bacharelato que estivo cargando, descargando instrumentos, estruturas, colocando escenario...

Como xa sabedes, sempre veñen axudarnos nos nosos concertos COLABORADORES MOI ESPECIAIS. Neste caso contamos con: • Paulo Padrón Santamarina, creador do conto musicado Xandre e a frauta misteriosa e o noso soberbio arranxador de partituras, pois sen o seu excelente traballo desinteresado, nada disto sería posible.

• Xairo Campos Blanco, encargado da gravación de audio, imaxe, así como de facer a montaxe final do vídeo do concerto.

• María Queijo Cambón e Sara Cotelo, ex-alumnas, coñecedoras das dinámicas do concerto e encargadas de guiar e axudar ao alumnado de música durante o mesmo.

• Antonio Fernández Martínez, profesor de lingua galega do noso IES, que fai e fixo unhas fotos magníficas.

• Olalla Ares Pérez, directora da Escola de Música Adagio Cantábile, encargada de axudar ao alumnado de música, aos narradores, ao alumnado encargado de recoller os instrumentos....

MOITAS GRAZAS E FELICES FESTAS!!!!

 

O pasado 25N con motivo da celebración do día contra a violencia de xenero, o grupo de alumnas do obradoiro da Radio na Biblio Rebolondas fixo un programa no que comentaron os resultados dunha enquisa que elas mesmas realizaron no centro e fixeron unha morea de recomendacións culturais para que todo o alumnado, independentemente da súa idade poida desfrutar e formarse.

Os nosos parabéns polo bo traballo a Ana, Lucía, Cristina, Xulia, Lola e Sara.

 

Deixamos aquí o enlace ao podcast:

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2022 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega.

1º premio: HUGO COUÑAGO QUEIJEIRO. 1º ESO B.

 

2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 2º BACHARELATO A.

 

3º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B.

O xurado tamén decidiu entregar 2 accésits a:

LUCÍA NOGUEIRA VELO. 1º ESO B.

 

SARAI FRANCO ROJO. 1º ESO D.

 

No taboleiro da entrada do instituto podedes ver as postais gañadoras e unha selección das moitas e bonitas postais presentadas no concurso deste ano. Queremos agradecer especialmente o traballo e colaboración dos profesores de Artes Plásticas, Patxi e Laura.

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! Felices festas!

 

 

Estos días no vestíbulo de entrada do noso centro podedes observar unha exposición constituida na súa maioría por modelos celulares feitos polos alumnos de 3º de ESO de Bioloxía.


Que gran traballo fixeron, noraboa!

 

 

 

 

O pasado día 16 de decembro visitounos na hora de Cultura Científica de 4º de ESO Martiño Cabana Otero membro da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e explicounos a súa esencial labor na conservación da biodiversidade galega e máis en concreto da flora serpentínica melidense.

Formando parte desta flora atopamos tres especies que son exclusivas deste territorio, é dicir que son únicas no mundo e só aquí as podemos atopar, de aí a importancia de conservalas.

Pero esta asociación non só fai unha relevante labor nesta zona, se queredes saber máis sobre os seus interesantes traballos con orquídeas, morcegos, osos… premede na seguinte ligazón:

Asociación de Custodia do Territorio

 

A poeta María Lado estivo no noso instituto impartindo o obradoiro “Desata a lingua” a alumnado de 1º ESO.


A intención deste obradoiro foi promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de varios puntos do manifesto colectivo do Correlingua 2023 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galicia.


María Lado traballou co alumnado promovendo a posta en común e priorizando a participación, o debate, o respecto e dando espazo ás rapazas e rapaces para que se expresasen sobre a situación da lingua.


Agradecemos a colaboración dos profesores Basi Pacoret e Xurxo Souto nesta actividade.


Deixámosvos algunhas imaxes deste produtivo obradoiro:

 

O próximo xoves 15 de Decembro ás 18:30 horas terá lugar o obradoiro "Educando en Igualdade", dirixido a docentes e familias. Contaremos coa presencia de David Kaplún, antropólogo e experto en  Igualdade e novas masculinidades. Animádevos a vir!

A semana pasada tivemos no noso instituto dous obradoiros de regueifa nos que participaron alumnado de 2º ESO. Despois de romper o xeo, os alumnos e alumnas acabaron regueifando, animados polos seus formadores, os regueifeiros: Josinho da Teixeira, Lorena Medela e Lupe Blanco (ex-alumna do centro).
Estes obradoiros forman parte do Proxecto Enreguéifate co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega. Podedes coñecer mellor este proxecto clicando na seguinte ligazón:

https://enregueifate.gal/

Queremos agradecer a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e a implicación do noso profesor Xurxo Souto nesta actividade.

A continuación deixámosvos unhas imaxes e ligazóns onde se ve que ben o pasaron os rapaces:

https://fb.watch/hfcTGnyXqw/
http://www.carballo.org/novas.php?id=8709&idioma=gl&sec=30

 

 

Desenvolveuse este ano no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o XXXV Congreso de Enciga, Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia.

Durante a primeira xornada o profesor de matemáticas do noso centro, Javier Fariña presentou o obradoiro “ O alumnado fai matemáxia” xunto coas alumnas de 4ºB Uxía Marrozos e Paula Varela, durante 90 minutos fixeron 7 trucos de matemaxia e a súa explicación diante dos profesores asistentes ó congreso.

Destacar que foron as Uxía e Paula as que levaron a cabo os trucos, coa explicación posterior do profesor.

As alumnas participan no taller de matemaxia que se celebra no centro dentro da actividade pátios dinámicos os meŕcores.