IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O xoves, 09 de decembro, o alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu a un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Tras unha breve presentación, feita polas alumnas Judith Añón Carracedo e Ánxela Palomero Agra, a escritora falounos da temática da novela Senlleiras e do proceso da súa escrita. Finalmente contestou ás preguntas que os alumnos e alumnas lle fixeron e asinou e adicou os seus libros.

Agradecemos a xestión da profesora Beatriz Corral para que esta actividade fose financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22.  Deixámosvos algunhas imaxes deste encontro con Antía Yáñez e esperamos que vos animedes a ler calquera dos seus libros.

 

A alumna do noso centro Uxía Marrozos Loureiro obtivo o 1º premio na categoría feminina no III Torneo de Xadrez de Nadal Xiria Carballo, celebrado o mércores 8 de decembro.

Ademáis quedou de 16 (empatada co 14) a tan só medio punto dos primeiros na clasificación xeral.

 

    • Un cento de alumnos e alumnas de 1º ESO participaron hoxe no obradoiro organizado polo  centro carballés con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego
    • A iniciativa ten como obxectivo visibilizar as mulleres e a lingua propia de Galicia no ámbito da ciencia e da investigación, así como dar a coñecer e fixar referentes que animen ás alumnas a cursar as coñecidas como carreiras STEM

 

O próximo día 25 de Novembro procederase á votación dos distintos colectivos para a renovación do Consello Escolar.

  • Pais/Nais/Titores legais no horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 na entrada do Instituto.
  • Alumnado durante o seu horario lectivo na aula de referencia.
  • Profesorado de 14:15 a 15:00 na Peixeira.

Este venres día 12 tivo lugar a cerimonia de entrega das medallas GaliciaSkills 2021

Martín Cambón Recarey, alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, titorizado polo profesor Diego Terrón del Valle, resultou gañador da medalla de ouro da competición de GaliciaSkills 2021 na especialidade de Administración de sistemas en rede.

Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Língua Galega e da Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes:

FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio.

MATERIAL: Cartolina ou folio.

MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega.

TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...).

CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ...

DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal.

ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores ou de Artes Plásticas, de Galego ou na Biblioteca ata o venres, 10 de decembro.

PREMIOS: O xurado concederá 3 premios ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración e texto en lingua galega.

1º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 30 EUROS.

2º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 25 EUROS.

3º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 20 EUROS.

  • Farase unha exposición coas postais participantes no concurso.

  • A postal gañadora poderase editar para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.

 

Anímate e participa!

 

 

 

 

(No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)

Cada dous anos procédese ás eleccións aos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto. (incorporaranse os documentos relacionados e as novas a medida que se vaian celebrando os distintos items)

Censos Electorais

Dende o día 4 de Novembro encóntrase publicados os distintos censos:

  • O censo referente tanto ao alumnado como aos responsables dos mesmos (pais/nais/titores) nos taboleiros da entrada.
  • O censo do profesorado no taboleiro da sala de profesores/as.

 

Candidaturas

Para a presentación de candidaturas poden recoller o impreso na conserxería do centro ou ben descargar o arquivo directamente dos enlaces que aparecen a continuación.

 

Unha vez cuberto débese presentar na secretaría antes das 14:00 do día 15 de Novembro

 

Calendario

DATA

PROCESO

3 de novembro

Constitución da Xunta Electoral ás 11:00 horas:

Publicación do calendario electoral

Aprobación e publicación provisional dos censos

 

Do 4 ao 15 de novembro

(ambos os dous incluídos)

Admisión de candidaturas

(Ata ás 14:00 horas do día 12 de novembro)

16 de novembro

Proclamación de candidaturas

17 e 18 de novembro

Reclamacións á proclamación de candidaturas

19 de novembro

2ª reunión da Xunta Electoral ás 11:00 horas.

Resolución de reclamacións

Proclamación definitiva e publicación de candidaturas

Aprobación definitiva e publicación de censos electorais

Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais

Sorteo público para designación de mesas electorais

25 de novembro

Constitución mesas electorais e votacións:

09:30 h - 14:00 h / 16:40 h – 19:30 h: Constitución mesa electoral,

votación e escrutinio alumnado

12:00 h - 14:00 h / 17:00 h - 19:30 h: Constitución mesa electoral,

votación e escrutinio pais/nais ou titores/as legais

14:10 h: Claustro extraordinario para a constitución mesa electoral,

votación e escrutinio do profesorado

 

3ª reunión da Xunta electoral: 19:30 h

Resolver as reclamacións contra ás Resolucións das mesas electorais

Proclamación de candidaturas electas