IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria 2021

Realización das probas

Día: venres 10 de setembro.
Horario:

Á. Científico-tecnolóxico 9.30 - 12.00h
Á. Social 12.15 - 13:15h
Á. Comunicación 16.00 - 19.00h

Lugar: Ximnasio do centro

Nota: O alumnado presentarase con 15 minutos de antelación.

Pódese consultar no seguinte arquivo os libros de texto para o curso 2021/22:

Lémbrase que o alumnado que teña solicitado Fondo Solidario de libros non debe comprar ningún libro ata coñecer os que lle son asignados do Fondo.

O pasado 18 de xuño celebramos a graduación dunha promoción moi comprometida con todo, cun gran valor humano e moito entusiasmo.

A continuación, ofrecémosvos un vídeo que sintetiza a esencia desta cerimonia. Damos as grazas, ao alumno  Xairo Campos Blanco, por elaborar esta montaxe.

Esperamos que o desfrutedes.

Bo verán e ata sempre!!!

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos.

Tal como indica a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Prazo de reclamacións: 2 días dende a data de publicación.

Neste curso 2021/22 o alumnado de ensinanzas posobligatorias (Ciclos superiores e Bacharelatos) deberán adquirir a tarxeta Xente Nova para poder facer uso do transporte. No centro non se poderá tramitar esta tarxeta nin reservar praza. Coa tarxeta Xente Nova os importes inicialmente aboados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web bus.gal.

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unhas producións audiovisuais nas que intentamos mostrar unha pequena parte de todo o traballo feito durante a III Semana  da  Música:

  • A apertura da III Semana da música coa charla sobre  “A Música e o cerebro” impartida por Iria Rajal e a interpretación do alumnado de música de  2º Bacharelato “Relax” do cantante Mika.

 

  • Os obradoiros de :
    • Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández
    • Os instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina
    • Percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño
    • Musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal.

 

  • E como non, os concertos de todo o noso alumnado, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música:
    •  Concerto I realizado polo alumnado de  2º e 3º da ESO, que por primeira vez subían ao escenario para converterse nunha Orquestra Orff

    • Concerto clausura a cargo do alumnado de música de  4º ESO, 1 e 2º Bacharelato que unha vez máis mostraron toda a súa arte facendo desfrutar ao público en todo momento

 

Agradecemos a colaboración impagable  da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas  para desenvolver este proxecto.

 

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración e audicións conformado polo alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharealto, xunto co incansable equipo de alumnos/as de 2º Bacharelato , encargados da montaxe e deseño gráfico de todos os vídeos creados ao longo do curso, pola súa dedicación e profesionalidade: Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau capitaneados por Xairo Campos Blanco.

 

Esperamos que desfrutedes con estes  catro vídeos

 

Bo verán!!!

Os nosos parabéns á alumna Lola Collazo de 3º ESO A por ter acadado un premio accésit no XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Relato curto), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña. 

Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións.

Deixámosvos unha imaxe da entrega do premio á nosa alumna Lola, celebrada o venres, 18 de xuño no IES Eusebio da Guarda.

Máis información pulsando aquí

As imaxes premiadas neste curso 2020/21 son as seguintes:

Portada gañadora 

Portada Axenda

Rebeca Gómez Cuns (4º ESO C)

Premios 1º Ciclo de ESO Premios 2º Ciclo de ESO

Concurso Axenda

Uxía Marrozos Loureiro (2º ESO B)

Concurso Axenda

José Alberto Suárez Pérez (4º ESO C)

Concurso Axenda

Xavier Sánchez España (2º ESO B)

Concurso Axenda

Nicolás Lorenzo Nicolson (4º ESO D)

 

O IES Isidro Parga Pondal quere expresar o seu máis profundo pesar pola traxedia vivida na comunidade educativa de Carballo, así como a solidariedade co CEIP Fogar e coa familia do neno neste momento tan amargo.