IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Martín Cambón Recarey, alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, titorizado polo profesor Diego Terrón del Valle, resultou gañador da medalla de ouro da competición de GaliciaSkills 2021 na especialidade de Administración de sistemas en rede. A proba de nivel galego, celebrouse este venres 8 de outubro no IES San Clemente de Santiago de Compostela.


O desafío consistía en simular un sistema complexo de comunicacións empregando equipamento informático, elementos de comunicación e software de aplicación, sempre co obxectivo de garantir que se manteñen os servizos e as comunicacións coas necesarias medidas de seguridade. Na competición había outras 22 especialidades que se realizaron en diferentes sedes, poñendo de relevo a importancia crecente da informática na nosa sociedade.

Pódese consultar a información da competición, sedes e especialidades en https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2021, e ver a listaxe de gañadores en https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-alumnado-ganador-2021

 

 

A partires do mércores día 15 de setembro as persoas que teñan concedido algún cheque para material escolar poderán recollelos en administración en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Só poderán retirar ditos vales os pais/nais/titores do alumnado.

Faráselle entrega dos libros ao alumnado, de forma progresiva ao longo das primeiras semanas de curso.

Publicada a Listaxe Definitiva de admitidos e excluídos.

Tal como indica a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

Unha vez comezado o curso se informará das datas e do proceso da entrega dos libros e dos vales segundo corresponda.

A partir do día 1 até o 10 de setembro estará aberto o prazo para a matrícula de adultos:

* EBI (Ensino básico inicial)
* ESPA (Ensino secundario de persoas adultas)
* Bacharelato de adultos

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria 2021

Realización das probas

Día: venres 10 de setembro.
Horario:

Á. Científico-tecnolóxico 9.30 - 12.00h
Á. Social 12.15 - 13:15h
Á. Comunicación 16.00 - 19.00h

Lugar: Ximnasio do centro

Nota: O alumnado presentarase con 15 minutos de antelación.

Pódese consultar no seguinte arquivo os libros de texto para o curso 2021/22:

Lémbrase que o alumnado que teña solicitado Fondo Solidario de libros non debe comprar ningún libro ata coñecer os que lle son asignados do Fondo.

O pasado 18 de xuño celebramos a graduación dunha promoción moi comprometida con todo, cun gran valor humano e moito entusiasmo.

A continuación, ofrecémosvos un vídeo que sintetiza a esencia desta cerimonia. Damos as grazas, ao alumno  Xairo Campos Blanco, por elaborar esta montaxe.

Esperamos que o desfrutedes.

Bo verán e ata sempre!!!

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos.

Tal como indica a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Prazo de reclamacións: 2 días dende a data de publicación.

Neste curso 2021/22 o alumnado de ensinanzas posobligatorias (Ciclos superiores e Bacharelatos) deberán adquirir a tarxeta Xente Nova para poder facer uso do transporte. No centro non se poderá tramitar esta tarxeta nin reservar praza. Coa tarxeta Xente Nova os importes inicialmente aboados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web bus.gal.