Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Martín Cambón Recarey, alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, titorizado polo profesor Diego Terrón del Valle, resultou gañador da medalla de ouro da competición de GaliciaSkills 2021 na especialidade de Administración de sistemas en rede. A proba de nivel galego, celebrouse este venres 8 de outubro no IES San Clemente de Santiago de Compostela.


O desafío consistía en simular un sistema complexo de comunicacións empregando equipamento informático, elementos de comunicación e software de aplicación, sempre co obxectivo de garantir que se manteñen os servizos e as comunicacións coas necesarias medidas de seguridade. Na competición había outras 22 especialidades que se realizaron en diferentes sedes, poñendo de relevo a importancia crecente da informática na nosa sociedade.

Pódese consultar a información da competición, sedes e especialidades en https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2021, e ver a listaxe de gañadores en https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-alumnado-ganador-2021