Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

4º ESO

O departamento de economía organiza o 29 de xaneiro unha charla que se encadra dentro do programa de educación cívico-tributaria (PECT) dirixido ao alumnado de 4º ESO que cursa as materias de economía e emprendemento.

É un programa no que de forma amena, e cunha charla dunha hora e cuarto de duración, un funcionario ou funcionaria da AEAT conta aos alumnos a importancia de que todos contribuamos a pagar os impostos. Explícaselles que fan na Axencia Tributaria, para que serven os impostos, que servizos páganse cos mesmos…

É unha actividade na que se fai fincapé nos valores que deben presidir toda sociedade democrática moderna, desde o respecto polo común ao principio de solidariedade no pago dos impostos. Por tanto, é unha actividade transversal que pretende salientar na educación en valores e dar a coñecer aos contribuíntes de mañá a importancia de contribuír polo ben común.

#educacionvalores #aeat #agenciatributaria

charla aeat