Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Educación física

No mes de Xaneiro, entre o 21 e o 27, o Departamento de Educación Física realizou unha Semana Branca coma tódolos anos. Este ano fomos á estación de Astún no pirineo aragonés. Na viaxe participaron alumnos dende 2º da ESO ata 1º de BAC. Foron un total de 63 rapaces e rapazas para disfrutar duns días de deporte e convivencia fora da casa. Tivemos moi bo tempo ainda que non moita neve, pero a suficiente para disfrutar de 5 días do placer do esquí. Quedamos moi satisfeitos da viaxe en xeral e pensamos que, a maioría deles,  tamén quedaron con ganas de repetir o próximo ano.

O mellor foi que volvemos sen lesions e iso é moi importante de cara a repetir.

Dende o Departamento estamos moi contentos da aceptación que ten esta viaxe entre os alumn@s.

Aquí deixamos un documento gráfico destes días.

Xa está aberto o período de inscrición de equipos para o torneo de Street Basket que terá lugar durante os recreos dos luns e venres no pavillón do centro para equipos da ESO e de 1º de Bacharelato.
Podedes recoller as follas de inscrición na conserxaría do centro e consultar aquí as bases do mesmo.
O torneo comezará a segunda semana de marzo, quedando o resto de días (excepto o mércores) aberto o pavillón para actividades deportivas libre controlada (os martes para 3º e 4º ESO o os xoves para 1º e 2º ESO.

torneo

normas 1normas 2

O derradeiro día de curso antes do Nadal, os alumnos e alumnas de 2º da ESO, recibiron unha charla da nosa compañeira Mariquiña que rexenta un clube de actividades de montaña chamado AMI na Coruña. A idea era ir a facer unha actividade de escalada nas súas instalacións, pero a situación actual non o permite, polo que recibiron a información no noso Instituto.
Os rapaces mostráronse moi atentos a toda a información facilitada. Falóuselle dos tipos de actividades na montaña, dos materiais empregados, dos riscos posibles e tamén os animóu a facer unha práctica cando a situación mellore.
Agardamos que sexa pronto xa que estamos moi interesados en facelo.
Moitas grazas Mariquiña!

A semana pasada tres voluntarios de protección civil de Carballo ofrecéronnos unha presentación e unha pequena práctica de Primeiros Auxilios aos alumnos de 4º da ESO.

Os alumnos mostráronse interesados nas técnicas de RCP necesarias para salvar vidas. Esperemos que non teñamos que utilizalas, pero en caso de necesidade, xa temos unha idea de que é o que podemos facer antes de que cheguen os servizos de emerxencia.

Grazas aos mozos de Protección Civil polo seu tempo

Unha representación do alumnado do centro dos cursos 2º - 3º - 4º ESO e 1º Bacharelato (43 para ser máis exactos) desprazouse entre o 7 e o 11 de Xaneiro á estación de esquí  andorrana do Tarter para gozar xuntos do deporte invernal por excelencia: o esquí e o snow.
Saíndo o domingo día 7 ás 23:00 e despois dunha tranquila viaxe de ida no que todos puideron durmir sen problemas (ai, non, que algún non calaba nin ás 4 da mañá) chegouse á 1 do mediodía do luns 8 sen incidencias ao hotel (bo, case...).
Ao día seguinte e durante 4 días (ata o venres) o alumnado aprendeu o complicado que é iso que parece tan sinxelo cando se ve pola tele.
Polas tardes puideron gozar de tempo libre para percorrer as rúas de Andorra e visitar as súas tendas (e como non, as súas visitas ao McDonalds) así como unha entrada para Caldea (centro termal moi coñecido na cidade).
E cunha viaxe de volta que transcorreu sen incidentes e onde esta vez si se puido durmir (vese que viñan cansos) chegouse o sábado ás 10 da mañá a Carballo.

A pesar de que houbo algún pequeno contratempo (problemiñas cun pulgar, distensión nun xeonllo e moitos vómitos por culpa do frio, cansazo e non descansar adecuadamente tal e como recomendaron os seus profesores) o alumnado gozou da experiencia.

Agradecer, que moitas veces non se ten en conta, o labor do profesorado neste tipo de viaxes porque, por exemplo, unha das profesoras pasou a noite en vela por acompañar a unha alumna que non se atopaba ben e estivo case máis de 24 horas sen poder durmir.

E como mostra do vivido, este pequeno vídeo con algún deses momentos. Esperamos que gozasen e que se quedaran con ganas de repetir