Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O derradeiro día de curso antes do Nadal, os alumnos e alumnas de 2º da ESO, recibiron unha charla da nosa compañeira Mariquiña que rexenta un clube de actividades de montaña chamado AMI na Coruña. A idea era ir a facer unha actividade de escalada nas súas instalacións, pero a situación actual non o permite, polo que recibiron a información no noso Instituto.
Os rapaces mostráronse moi atentos a toda a información facilitada. Falóuselle dos tipos de actividades na montaña, dos materiais empregados, dos riscos posibles e tamén os animóu a facer unha práctica cando a situación mellore.
Agardamos que sexa pronto xa que estamos moi interesados en facelo.
Moitas grazas Mariquiña!