Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Tecnoloxía

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA – IES ISIDRO PARGA PONDAL

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES – CURSO 2019-2020

 

-Os alumnos con materias pendentes do departamento de Tecnoloxía son informados ao comezo do curso das tarefas e exames que deben facer para superar a materia.

-Entréganselles uns exercicios para que vaian repasando os contidos ao longo do curso, que son recollidos nos prazos establecidos polo departamento para ser avaliados.

-Se os alumnos teñen dúbidas poden concertar unha cita co profesor da materia para que llas aclare.

-Tamén hai dúas probas parciais, cada unha delas sobre aproximadamente a metade dos contidos, que poden ser exames escritos ou probas prácticas, dependendo da materia, e que non coinciden coas datas das avaliacións ordinarias.

-A ponderación das notas é a seguinte:

Realización de exercicios no prazo establecido: 30% da nota.

Realización de exames e probas 70% da nota.

Se o promedio ponderado dos dous apartados é igual ou superior a 5 considérase que a materia está aprobada. Se non é así o alumno debe ir a un exame final sobre toda a materia.

 

ENTREGA DAS TAREFAS

 

Data

Lugar

1º parcial

27 xaneiro, 11:00h

Aula de Tecnoloxía

2º parcial

30 marzo, 11:00h

Aula de Tecnoloxía

 

PROBAS ESCRITAS

 

 

Data

Lugar

1º parcial

4 febreiro, 16:00h

Aula de Tecnoloxía

2º parcial

14 abril, 16:00h

Aula de Tecnoloxía

Final

12 maio, 16:00h

Aula de Tecnoloxía