Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Filosofía

O día 11 de abril os grupos A e C de 3º da ESO visitaron os xulgados de Carballo. Trátase dunha actividade que organiza o departamento de Filosofía e que se enmarca no programa Educar en xustiza, que xestiona o departamento de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os grupos foron recibidos pola xuíza Andrea Cernadas, quen explicou a mecánica dos procesos que se levan a cabo nun xulgado de primeira instancia e instrución, e de violencia de xénero.

O alumnado asistiu a varios xuízos rápidos por delitos leves e visitou as instalacións. Entre estas, os calabozos e a sala de recoñecemento de sospeitosos despertaron especial interese.

O próximo día 26 farán a visita os grupos B e D. A actividade forma parte do  programa da materia de Educación en valores cívicos e éticos.

Os nosos alumnos recibiron un premio máis este curso. Neste caso trátase do segundo premio que un grupo de alumnos de 2º da ESO recibiron polo seu traballo á hora de realizar un cartel publicitario no que reflectiran novas ideas de cara a un consumo responsable, obxectivo do concurso Consumópolis 13.

Este concurso, que se convoca anualmente, pretende traballar con alumnos de entre 5º de Primaria e alumnos de toda a Secundaria. O noso centro participou este curso por segunda vez a iniciativa do departamento didáctico de Filosofía a través da materia de Valores Éticos e coa colaboración de diversas titoras de 1º e 2º da ESO.

O número de alumnos participante foi moi elevado e comprendía alumnos de 1º, de 2º , de 3º e de 4º da ESO. Case todos eles enviaron traballos para participar na fase galega do concurso, pero só un deles acadou un premio. Todo un logro se temos en conta que competían con centros de toda Galicia.

Para recoller o premio, decidimos acompañar aos nosos campións cun nutrido grupo de participantes no concurso e marchamos cara a Santiago. O acto tivo lugar na Consellería de Sanidade, da que depende Consumo, onde os nosos alumnos viron como os seus compañeiros presentaban o seu traballo ao tempo que eran felicitados por diversas autoridades.

E así acabou a nosa participación este ano. Quedamos pendentes de novas convocatorias. Podedes buscar máis información neste enlace. Tendes máis nformación, coma sempre, en FiloLandra.

 

Como xa aunciaramos, os días 4 e 5 de Maio vai ten lugar en Mérida a final nacional da Olimpíada filosófica de España. E nós temos tres finalistas con dous traballos:  Ana e Chelsy coa súa curtametraxe Serendipia e María coa súa imaxe persoal sobre a integración. 

As representantes  xa están de camiño. A primeira proba terá lugar en Cáceres capital, no IES Brocense. E a segunda cita, xa en Mérida, temola no IES Santa Eulalia.

Dende aquí todos/as sabemos que xa son gañadoras e desexamoslles que disfruten moito da experiencia.

Onte tivo lugar a final  da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Esta cita reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final.  

O IES Isidro Parga Pondal leva participando na Olimpíada dende a súa primeira edición e aínda que non é a primeira vez que chega a final, si é a primeira vez que vai participar na final nacional que terá lugar en Mérida, no mes de maio. E por partida dobre, nada menos: na modalidade de fotografía e na de curtametraxe.

Chelsy González Besada e Ana Rodríguez Torresín gañaron onte o Primeiro Premio coa súa curtametraxe Serendipia

Pola súa parte, Alba Collazo Collazo e María Rodríguez Lamas acadaron o terceiro  e segundo premio respectivamente na modalidade de fotografía.

Se queres ver os traballos premiados, preme aquí.