Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue demcuesta

Unha vez máis a nosa biblioteca implícase no FIOT (Festival Internacional Outono Teatro). Nesta ocasión o alumnado de Bacharelato asistiu a un “sketch” protagonizado por Alba Bermúdez (ex-alumna do noso centro) e o actor Tone Martínez, vinculado ao teatro. Esta breve, pero intensa posta en escena, tivo como obxectivo principal a presentación da 27ª edición deste acontecemento tan relevante no acontecer cultural da nosa comarca.

Se queres ter máis información, preme no seguinte ligazón: Biblioteca Rebolo.

 

Os alumnos e alumnas da aula PT3, Ramón, Clara, Sebas, Marcos, Maxi, Alejandro, Noé e Brais, gañaron o PRIMEIRO PREMIO Á ORIXINALIDADE co seu mural de collage baseado no libro E haberá tirón de orellas? da homenaxeada María Victoria Moreno. O traballo en equipo e a colaboración de cada un deles e delas plásmase na orixinalidade e creatividade deste mural valorado co premio.

Bo traballo, equipo!

 

 

 

 

 

Por fin saíron os premios de Consumópolis. Na categoría de 1º e 2º ESO o equipo formado por Pablo Fraga Taibo, Pablo García Duarte,  Anxo Pose Fernández, Nerea Varela Vila e Cristina Muñiz González fixo un traballo tan bo que non pasou desapercibido no Instituto de Consumo. O mural chámase Non peches os ollos e propón unha reflexión sobre distintas formas de ver o consumos, que vemos, que non vemos..

Así que temos unha cita o venres 15 en Santiago de Compostela para recoller o premio e as honras.

Parabéns ao equipo!!

 

Como xa aunciaramos, os días 4 e 5 de Maio vai ten lugar en Mérida a final nacional da Olimpíada filosófica de España. E nós temos tres finalistas con dous traballos:  Ana e Chelsy coa súa curtametraxe Serendipia e María coa súa imaxe persoal sobre a integración. 

As representantes  xa están de camiño. A primeira proba terá lugar en Cáceres capital, no IES Brocense. E a segunda cita, xa en Mérida, temola no IES Santa Eulalia.

Dende aquí todos/as sabemos que xa son gañadoras e desexamoslles que disfruten moito da experiencia.

Onte tivo lugar a final  da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Esta cita reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final.  

O IES Isidro Parga Pondal leva participando na Olimpíada dende a súa primeira edición e aínda que non é a primeira vez que chega a final, si é a primeira vez que vai participar na final nacional que terá lugar en Mérida, no mes de maio. E por partida dobre, nada menos: na modalidade de fotografía e na de curtametraxe.

Chelsy González Besada e Ana Rodríguez Torresín gañaron onte o Primeiro Premio coa súa curtametraxe Serendipia

Pola súa parte, Alba Collazo Collazo e María Rodríguez Lamas acadaron o terceiro  e segundo premio respectivamente na modalidade de fotografía.

Se queres ver os traballos premiados, preme aquí.

 

Aproveitando que contan coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Ler máis.

    O alumnado de 1º de Bacharelato que cursa a materia de ORATORIA está a participar no concurso O Club de debate que organiza o Concello de Carballo.  Xa están formados os dous equipos, Partido Pondaliano e Xuvengalia, cos que a profesora que coordina esta actividade,  Beatriz Cuesta e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro  poñen ao Parga Pondal na compentición.

    O mércores, 8 de febrero, asistiron á fase de presentación con gran aproveitamento por parte do alumnado.  Esta xornada tivo lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Oleiros) e serviu para que todo a alumnado participante se relacionase con outros concursantes  de Ferrol e Oleiros e coñecera as bases do concurso.

   O tema a debater  na 1º fase que terá lugar en Carballo o mércores 15 de Marzo será: Os deberes escolares son convenientes para a educación? 

 

Informarase do lugar e hora deste encontro cando dispoñamos a información, asi como das datas e horario no que se relizarán as fases seguintes.

 

Desexámoslles moita SORTE  a tod@s os participantes.