Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue deanta

Os nosos alumnos recibiron un premio máis este curso. Neste caso trátase do segundo premio que un grupo de alumnos de 2º da ESO recibiron polo seu traballo á hora de realizar un cartel publicitario no que reflectiran novas ideas de cara a un consumo responsable, obxectivo do concurso Consumópolis 13.

Este concurso, que se convoca anualmente, pretende traballar con alumnos de entre 5º de Primaria e alumnos de toda a Secundaria. O noso centro participou este curso por segunda vez a iniciativa do departamento didáctico de Filosofía a través da materia de Valores Éticos e coa colaboración de diversas titoras de 1º e 2º da ESO.

O número de alumnos participante foi moi elevado e comprendía alumnos de 1º, de 2º , de 3º e de 4º da ESO. Case todos eles enviaron traballos para participar na fase galega do concurso, pero só un deles acadou un premio. Todo un logro se temos en conta que competían con centros de toda Galicia.

Para recoller o premio, decidimos acompañar aos nosos campións cun nutrido grupo de participantes no concurso e marchamos cara a Santiago. O acto tivo lugar na Consellería de Sanidade, da que depende Consumo, onde os nosos alumnos viron como os seus compañeiros presentaban o seu traballo ao tempo que eran felicitados por diversas autoridades.

E así acabou a nosa participación este ano. Quedamos pendentes de novas convocatorias. Podedes buscar máis información neste enlace. Tendes máis nformación, coma sempre, en FiloLandra.

As compañeiras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía quixeron lembrar que hoxe é o Día Mundial do Medio ambiente. A biblioteca colaborou, no desenvolvemento das súas funcións, nesta iniciativa que pretende concienciar sobre esta problemática que está a sufrir o noso planeta. Aínda que estamos a tratar dun tema de constante actualidade parece que nunca estamos a facer o suficiente. E as novas non son nada boas.

O tema deste ano, Sen Contaminación Por Plástico, fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta sen contaminación por plásticos. A celebración deste día pretende facernos conscientes de que nós mesmos podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir a pesada carga da contaminación dos plásticos na nosa natureza, na nosa vida silvestre e sobre nosa propia saúde. O fin último é evitar situacións como esta:

Os datos son realmente alarmantes:

- 13 millóns de toneladas de plástico son vertidas, anualmente, aos océanos.

- Utilizamos 5 billóns de bolsas de plástico cada ano.

- Compramos, en todo o mundo, un millón de botellas de plástico cada minuto.

As consecuencias non se fan esperar:

- Máis de 100.000 animais mariños morren ao ano a causa do plástico, que necesita ata un século para degradarse no medio ambiente.

O obxectivo do Día Mundial do Medio Ambiente de 2018 é o de inspirar solucións que leven a un cambio sustentable nas actividades iniciais da cadea de subministración.

Estes alumnos presentan esta exposición fixa no vestíbulo do centro, coa axuda das súas profesoras, para facernos conscientes de que algo temos que facer. Neste caso adiantámonos ás iniciativas que a Unión Europea vai poñer en marcha, co mesmo fin, este mesmo ano.

 

 

Somos afortunados. A biblioteca conta cun equipo de apoio que non descansa á hora de mellorar o que temos para facer de BibliotecaRebolo ese lugar de encontro que pretende e que nos acolla a todos.

Agradecidos polo esforzo, trataremos de coidar estes novos complementos que farán que a nosa visita á biblioteca sexa tan cómoda como agradable.

Tampouco debemos esquecer esa sección de novidades que procura achegarnos o que vai aparecendo no mercado ou o que os nosos usuarios nos suxiren para que todos teñamos acceso a estes exemplares que podedes levar emprestados cando queirades.

Grazas a todos os que participachedes na iniciativa "E ti como les?" coa teima de celebrar o Día do Libro. Non nos cansaremos de dicilo: GRAZAS a todos os que fixechedes desa iniciativa algo especial e vivo.

Tivemos que retirala para deixar espazo ás compañeiras e compañeiros de matemáticas, que tamén saben facer fotos. Animádevos a participar nas súas actividades. Non hai nada como medrar facendo cousas, se acaso, facer cousas distintas.

Por iso, trasladamos a exposición á biblioteca e imos deixala de forma permanente para que poidades seguir buscando a vosa foto ou invitando aos vosos compañeiros a esta actividade. A cousa non qedou moi mal, como podedes comprobar nas fotos.

Se queredes ver máis, xa sabedes... non hai máis que visitar BibliotecaRebolo (desta vez hai unha montaxe moi bonita e intensa) ou entrar no enlace de Instagram do mesmo blog.

Vémonos na próxima.

 

Os alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de presenciar onte unha gran obra de teatro. Esta iniciativa organizada polo Equipo de Dinamización lingüística e polo Departamento de Galego achegou á maioría dos nosos alumnos unha reflexión sobre un dos persoeiros da nosa literatura máis achegados a nós, aínda que sexa por razóns xeográficas, Eduardo Pondal.

No transcurso da obra puidemos presenciar a reconstrución do labor literario cotiá deste autor e das súas relacións co entorno no que viviu. A paixón que puxeron os actortes deixou de manifesto o querido que debeu ser este autor no seu momento. Tamén quedou de relevo a importancia que ten o feito de ler en personaxes que daquelas tiñan que perdirlles a outros que o fixeran por eles.

A satisfacción foi a nota predominante, como deixaron clara a abundancia de aplausos ao remate da obra e a gran cantidade de comentarios sobre a mesma. 

O Equipo de Dinamización Lingüística, xunto co Departamento de Galego, e coa colaboración da biblioteca do centro, BibliotecaRebolo, propoñen, organizan e xestionan a convocatoria non de UN concurso (literario), senón de DOUS concursos (de debuxos) para celebrar o Día das letras galegas 2018.

A que estás esperando. Demostra a túa capacidade para escribir unhas liñas ou para facer unha ilustración segundo as bases do concurso. Onde podes botarlles un ollo? En case todas as clases (e non sei quen dixo case...), nas corcheiras do centro e, se non tes ganas de pararte a ler, xa sabes... como sempre... no blog da biblioteca, pincha aquí.

Hai premios, hai poucos requisitos que cumprir... Participa e demostra que somos un centro que facemos cousas e que estamos vivos. Celebremos as nosas festas co que sexamos capaces de aportar.

O noso centro participou no día de hoxe e por segundo ano consecutivo no II Torneo de Xadrez Intercentros, celebrado no IES "Urbano Lugrís" de A Coruña. Esta actividade segue a realizarse por iniciativa do departamento de Filosofía en colaboración co departamento de Grego e a biblioteca do centro, BibliotecaRebolo.

A actividade este ano tivo no seu inicio a presentación de Jacobo Caselas Cabanas, mestre internacional de xadrez, MI (tamén adestrador na Escola Técnica de xadrez e ten varios libros publicados sobre este deporte), que deu paso a un vídeo sobre este deporte realizado polo profesorado do IES "Urbano Lugrís" e a pequena charla que nos ofreceu Moira Rodríguez Costa, unha das mellores xogadoras da nosa Comunidade Autónoma e que podedes seguir en perfiles como este.

A continuación, o mestre Jacobo Caselas deu inicio a unha serie de partidas simultáneas, nas que demostra na práctica o que puidemos ver nas actividades previas. Todo un espectáculo e un reto para os nosos alumnos.

Después dun descanso e almorzo, mentres se celebaraba a competición de debates, chegaron as finais (podedes ver unha foto na parte superior) e a entrega de premios. De todo elo podedes consultar máis información no blog de Filolandra.

 

A celebración do Día do libro no noso centro iniciouse coa reprodución por megafonía de frases de eses señores tan raros que non só se atreven a escribir libros, senón que ousan opinar sobre o feito de ler. Moitas grazas a todo o alumnado que participou na súa gravación e a todos aqueles que lles prestachedes atención.

A continuación pasamos a exhibir as fotografías de todo aquel que quixo sumarse a exposición que podedes ver máis arriba: alumnos, persoal non docente, profesores... Moitísimas grazas a todos. E ti? Aínda estás a tempo de sumarte a esta iniciativa. Só tes que mostrarnos como les. Pero non te deixes ver ben porque aí está o reto. A diviñar quen e quen.

Podedes seguir a evolución da exposición no vestíbulo do instituto e na biblioteca, no caso de que nos quedemos sen espazo. Pero, se queres acceder a toda a colección, visita cada día o noso blog (enlace), na parte inferior tendes o enlace para acceder a Instagram, e alí aparecerán a cotío todas as pezas da mostra. Non deixes de buscar a túa, se é que participaches, e anímate a ler. Vaiche cambiar a vida.

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

 

Os alumnos de 3º da ESO do noso centro tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión especial. Invitados pola biblioteca municipal "Rego da Balsa", asistiron o luns a un recital onde o grupo Black permitiulles comprobar a presencia da música en diversas obras literarias.

Durante a sesión puideron escoitar clásicos do soul como "Sitting on the Dock of the Bay" de Otis Redding, "Hit the Road Jack" de Ray Charles ou "(You Make Me Feel Like) A Natural Woman" de King e Goffin, popularizada por Aretha Franklin, entre outros clásicos. A sesión estivo caracterizada pola voz da intérprete e a interpretación ao piano do seu acompañante. Non evitou esta a charla cos asistentes animándoos a coñecer todos estes temas, lendo entre eles fragmentos de distintas obras, como as que se poden ver na foto.

O éxito da velada foi refrendado polos aplausos dos asistentes, que reclamaron máis. A interpretación dun tema de Amy Whitehouse pechou o concerto.

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

 

 

O departamento de bioloxía e xeoloxía organiza un concurso fotográfico para todo o alumnado que participou na saída á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e ao parque natural MONTE ALOIA. A nosa biblioteca escolar, BibliotecaRebolo, colabora nesta actividade na que solicitamos a eses alumnos que compartan con todos nós como foi a súa experiencia. O único que teñen que facer e enviar algunha das fotos que fixeron ese día no parque natural á dirección de correo electrónico bibliotecarebolo@gmail.com. Sinxelo, non?

Pero, se tes algunha dúbida, podes consultar toda a información neste enlace.

De feito o prazo para participar empezou xa o día 3. Que estades esperando? Ao último día?