Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue deanta

 

O departamento de Lingua e Literatura castelá levou hoxe, 13 de marzo, aos alumnos de 1º de ESO a ver unha representación teatral da Illa do tesouro. E, cando chegaron e estiveron acomodados, saltou a sorpresa. A compañía precisaba de actores, xa que non contaba con suficientes para todos os papeis, e pediron voluntarios entre todos os espectadores, alumnos de varios centros que asistían á actividade.

E foron os nosos alumnos os que aceptaron o reto. Saíron a escena e interpretaron o papel dos piratas desta obra de Robert Louis Stevenson. Na foto podemos ver como foi a cousa. Coidamos que o pasaron ben e comprobaron que hai moitas formas de aprender e que son capaces de enfrontar calquera reto. 

Bravo por todos eles.

A celebración da nonaxésima edición dos premios Oscar serve de motivación o equipo de biblioteca para presentar unha pequena mostra da forte relación destas dúas artes, cine e literatura. A exposición estará á vista de todos no pequeno recuncho do que dispón a biblioteca escolar para estas ocasións.

 

 

O próximo martes, 6 de marzo, visita o noso centro Marisol Ortiz de Zárate. Serán os alumnos de 3º da ESO os afortunados en coñecer a esta escritora vitoriana que ten a amabilidade de compartir parte do seu tempo con nós.

En concreto vai vir para falarnos do seu libro "Cantan los gallos", editado por Bambú, o que complementará a lectura que os alumnos fixeron nestes días. A charla terá lugar na biblioteca do centro ás 12:00 da mañá.

Será interesante, sen dúbida, escoitar os comentarios dunha persoa que declara no seu perfil biográfico enlace: "Este año (1976) acontece en la ciudad un hecho decisivo para mi formación literaria: la antigua Biblioteca Pública Provincial de Vitoria, un archivo de libros mal instalado en un viejo edificio, pasa como Casa de la Cultura a su actual ubicación, en el parque de la Florida. Con tal motivo se moderniza, se amplían sus fondos, se publicita mucho a los ciudadanos; yo descubro la lectura entonces, entre aquellos atractivos anaqueles repletos de libros, y la descubro como afición que va más allá del mero entretenimiento ya que me abre la puerta a conocer y explorar universos nuevos y fascinantes." 

Unha ocasión única e fascinante que esperamos sexa do agrado de todos.

O próximo luns, 26 de febreiro, da inicio o concurso Sabías quen? Esta actividade ten como finalidade dar a coñecer o importante papel que as mulleres veñen tendo ao longo do tempo aínda que non se lles recoñeza.

Os concursantes terán que rersolver diferentes tipos de probas despois de inscribirse no concurso ao longo desta semana. Para coñecer máis cousas do concurso así como as datas das probas podedes consultar este enlace.

 

 

 

O próximo día 5 de marzo, luns, vai ter lugar unha nova reunión do club de lectura "Vixía das letras" no eu horario habitual.

Nesta ocasión compartiremos, unha vez máis, diferentes comentarios sobre esta lectura escollida democraticamente entre os membros do club de lectura.

Ao mesmo tempo intentaremos profundizar en diferentes aspectos que rodearon a redacción deste libro, así como coñecer detalles sobre a súa autora e a súa obra.

Invitamos a quen teña interese a sumarse ao club.

Vémonos alí. 

Marchou un dos grandes. Coñecido como Forges, Antonio Fraguas acompañounos durante 76 anos. Dicía de si mesmo que era un mal debuxante, pero sempre destacou como humorista e crítico social. Conseguía sacarnos un sorriso só con mirar un anaco de papel, así era a súa maxia. Poucos consiguen tanto con tan pouco. Grazas, amigo, e ata sempre. Porque sempre seguirás con nos. Nos nosos recordos, nas nosas lembranzas...

Este ano quixemos sumarnos a unha iniciativa que vén desenvolvéndose dende o ano 1964. Trátase do Día escolar da non violencia e a paz (DENIP) que ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

A mensaxe básico deste día é: ’Amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra’.

Este conmemora, ademais, o aniversario da morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Queremos agradecer a todos os que participaron na elaboración de murais, láminas e o vídeo o seu esforzo e a ilusión que esperta poder facer cousas xuntos.

Podedes seguir os resultados en

 

O próximo 7 de febreiro alumnos de 3º e 4º de ESO  acudirán á biblioteca municipal "Rego da Balsa" ás 11:30 da mañá con ocasión dun faladoiro.

Esta actividade consistirá nun faladoiro, obradoiro e ilustración que realizará o escritor Anxo Fariña, que se despraza a Carballo con este fin.

 O pasado 15 de xaneiro o club de lectura "Vixía das letras" retomou neste novo ano a actividade cunha nova reunión na que os membros compartiron impresións e puideron ver algunha entrevista coa autora do libro escollido por eles, Laura Gallego.

A lectura centrouse, nesta ocasión, no libro "La emperatriz de los etéreos", do que podemos ver una imaxe ilustrativa máis arriba.