Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

O departamento de Lingua e Literatura castelá levou hoxe, 13 de marzo, aos alumnos de 1º de ESO a ver unha representación teatral da Illa do tesouro. E, cando chegaron e estiveron acomodados, saltou a sorpresa. A compañía precisaba de actores, xa que non contaba con suficientes para todos os papeis, e pediron voluntarios entre todos os espectadores, alumnos de varios centros que asistían á actividade.

E foron os nosos alumnos os que aceptaron o reto. Saíron a escena e interpretaron o papel dos piratas desta obra de Robert Louis Stevenson. Na foto podemos ver como foi a cousa. Coidamos que o pasaron ben e comprobaron que hai moitas formas de aprender e que son capaces de enfrontar calquera reto. 

Bravo por todos eles.