Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Animación á lectura

bookface

 A Biblioteca Rebolo organiza un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)

O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.

Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.

QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil

DATOS: Nome e apelidos

ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com

DATA LÍMITE: 19 de abril.

Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.

 

HABERÁ UN PREMIAZO!!!

CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro


PREMIOS CATEGORÍA A:

1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros

PREMIOS CATEGORÍA B:

1º premio: libro + cheque regalo "relax"

 

Mais información:

https://bibliotecarebolo.blogspot.com/

 

Os alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de presenciar onte unha gran obra de teatro. Esta iniciativa organizada polo Equipo de Dinamización lingüística e polo Departamento de Galego achegou á maioría dos nosos alumnos unha reflexión sobre un dos persoeiros da nosa literatura máis achegados a nós, aínda que sexa por razóns xeográficas, Eduardo Pondal.

No transcurso da obra puidemos presenciar a reconstrución do labor literario cotiá deste autor e das súas relacións co entorno no que viviu. A paixón que puxeron os actortes deixou de manifesto o querido que debeu ser este autor no seu momento. Tamén quedou de relevo a importancia que ten o feito de ler en personaxes que daquelas tiñan que perdirlles a outros que o fixeran por eles.

A satisfacción foi a nota predominante, como deixaron clara a abundancia de aplausos ao remate da obra e a gran cantidade de comentarios sobre a mesma. 

 

A celebración do Día do libro no noso centro iniciouse coa reprodución por megafonía de frases de eses señores tan raros que non só se atreven a escribir libros, senón que ousan opinar sobre o feito de ler. Moitas grazas a todo o alumnado que participou na súa gravación e a todos aqueles que lles prestachedes atención.

A continuación pasamos a exhibir as fotografías de todo aquel que quixo sumarse a exposición que podedes ver máis arriba: alumnos, persoal non docente, profesores... Moitísimas grazas a todos. E ti? Aínda estás a tempo de sumarte a esta iniciativa. Só tes que mostrarnos como les. Pero non te deixes ver ben porque aí está o reto. A diviñar quen e quen.

Podedes seguir a evolución da exposición no vestíbulo do instituto e na biblioteca, no caso de que nos quedemos sen espazo. Pero, se queres acceder a toda a colección, visita cada día o noso blog (enlace), na parte inferior tendes o enlace para acceder a Instagram, e alí aparecerán a cotío todas as pezas da mostra. Non deixes de buscar a túa, se é que participaches, e anímate a ler. Vaiche cambiar a vida.

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

 

Os alumnos de 3º da ESO do noso centro tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión especial. Invitados pola biblioteca municipal "Rego da Balsa", asistiron o luns a un recital onde o grupo Black permitiulles comprobar a presencia da música en diversas obras literarias.

Durante a sesión puideron escoitar clásicos do soul como "Sitting on the Dock of the Bay" de Otis Redding, "Hit the Road Jack" de Ray Charles ou "(You Make Me Feel Like) A Natural Woman" de King e Goffin, popularizada por Aretha Franklin, entre outros clásicos. A sesión estivo caracterizada pola voz da intérprete e a interpretación ao piano do seu acompañante. Non evitou esta a charla cos asistentes animándoos a coñecer todos estes temas, lendo entre eles fragmentos de distintas obras, como as que se poden ver na foto.

O éxito da velada foi refrendado polos aplausos dos asistentes, que reclamaron máis. A interpretación dun tema de Amy Whitehouse pechou o concerto.

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

 

O departamento de Lingua e Literatura castelá levou hoxe, 13 de marzo, aos alumnos de 1º de ESO a ver unha representación teatral da Illa do tesouro. E, cando chegaron e estiveron acomodados, saltou a sorpresa. A compañía precisaba de actores, xa que non contaba con suficientes para todos os papeis, e pediron voluntarios entre todos os espectadores, alumnos de varios centros que asistían á actividade.

E foron os nosos alumnos os que aceptaron o reto. Saíron a escena e interpretaron o papel dos piratas desta obra de Robert Louis Stevenson. Na foto podemos ver como foi a cousa. Coidamos que o pasaron ben e comprobaron que hai moitas formas de aprender e que son capaces de enfrontar calquera reto. 

Bravo por todos eles.

 

O próximo martes, 6 de marzo, visita o noso centro Marisol Ortiz de Zárate. Serán os alumnos de 3º da ESO os afortunados en coñecer a esta escritora vitoriana que ten a amabilidade de compartir parte do seu tempo con nós.

En concreto vai vir para falarnos do seu libro "Cantan los gallos", editado por Bambú, o que complementará a lectura que os alumnos fixeron nestes días. A charla terá lugar na biblioteca do centro ás 12:00 da mañá.

Será interesante, sen dúbida, escoitar os comentarios dunha persoa que declara no seu perfil biográfico enlace: "Este año (1976) acontece en la ciudad un hecho decisivo para mi formación literaria: la antigua Biblioteca Pública Provincial de Vitoria, un archivo de libros mal instalado en un viejo edificio, pasa como Casa de la Cultura a su actual ubicación, en el parque de la Florida. Con tal motivo se moderniza, se amplían sus fondos, se publicita mucho a los ciudadanos; yo descubro la lectura entonces, entre aquellos atractivos anaqueles repletos de libros, y la descubro como afición que va más allá del mero entretenimiento ya que me abre la puerta a conocer y explorar universos nuevos y fascinantes." 

Unha ocasión única e fascinante que esperamos sexa do agrado de todos.

 

 

O próximo día 5 de marzo, luns, vai ter lugar unha nova reunión do club de lectura "Vixía das letras" no eu horario habitual.

Nesta ocasión compartiremos, unha vez máis, diferentes comentarios sobre esta lectura escollida democraticamente entre os membros do club de lectura.

Ao mesmo tempo intentaremos profundizar en diferentes aspectos que rodearon a redacción deste libro, así como coñecer detalles sobre a súa autora e a súa obra.

Invitamos a quen teña interese a sumarse ao club.

Vémonos alí. 

O próximo 7 de febreiro alumnos de 3º e 4º de ESO  acudirán á biblioteca municipal "Rego da Balsa" ás 11:30 da mañá con ocasión dun faladoiro.

Esta actividade consistirá nun faladoiro, obradoiro e ilustración que realizará o escritor Anxo Fariña, que se despraza a Carballo con este fin.

 O pasado 15 de xaneiro o club de lectura "Vixía das letras" retomou neste novo ano a actividade cunha nova reunión na que os membros compartiron impresións e puideron ver algunha entrevista coa autora do libro escollido por eles, Laura Gallego.

A lectura centrouse, nesta ocasión, no libro "La emperatriz de los etéreos", do que podemos ver una imaxe ilustrativa máis arriba.