Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dependencias

Ao inicio do curso a nosa biblioteca ten un novo nome, a partir de agora chamarase


Biblioteca Rebolo LOGO

Como se vén facendo desde hai anos, o novo equipo continúa traballando dentro do ámbito de Bibliotecas escolares e, máis concretamente, integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE).

SERVIZOS DA BIBLIOTECA

  • Lectura e consulta de libros, xornais, revistas, atlas, enciclopedias, dicionarios.
  • Busca de información na rede.
  • Préstamo de libros, música e películas.
  • Práctica de xogos de mesa.
  • Preparación de exames e traballos.
  • Realización doutras actividades puntuais.
  • Para a utilización destes servizos é imprescindible a presentación do carné, co que conta todo o alumnado, e o no de DNI para acceder aos ordenadores.

ESPAZOS DA BIBLIOTECA

  • xestión

Xestión 

  • lectura

Zona de lectura

  • lecer

Espazo de lecer

  • estudo

Zona de estudo

  • información dixital

Información dixital

  • zona de exposicións

Zona de exposicións

Novidades

  • bibliotecas de aula

ACTIVIDADES

Continuamos traballando no Club de lectura e cun equipo de alumnado voluntario que participa na proposta de ideas para actividades e a súa posta en marcha, suxestións para novas dquisicións, xestión... Á parte dos servizos habituais, a biblioteca levará a cabo actividades relacionadas con celebracións de diferentes tipos e temáticas, mesmo fóra do espazo habitual, e que procuren a implicación a toda a comunidade escolar. No que vai de curso xa se realizaron actividades como a presentación da biblioteca para o alumno de nova incorporación, celebración do Día das Bibliotecas escolares (24 de outubro) e do Samaín (31 de outubro).

Para consultar os nosos servizos, normas de uso; novidades de material; actividades realizadas e a realizar... podedes entrar no noso blog