Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Os nosos alumnos recibiron un premio máis este curso. Neste caso trátase do segundo premio que un grupo de alumnos de 2º da ESO recibiron polo seu traballo á hora de realizar un cartel publicitario no que reflectiran novas ideas de cara a un consumo responsable, obxectivo do concurso Consumópolis 13.

Este concurso, que se convoca anualmente, pretende traballar con alumnos de entre 5º de Primaria e alumnos de toda a Secundaria. O noso centro participou este curso por segunda vez a iniciativa do departamento didáctico de Filosofía a través da materia de Valores Éticos e coa colaboración de diversas titoras de 1º e 2º da ESO.

O número de alumnos participante foi moi elevado e comprendía alumnos de 1º, de 2º , de 3º e de 4º da ESO. Case todos eles enviaron traballos para participar na fase galega do concurso, pero só un deles acadou un premio. Todo un logro se temos en conta que competían con centros de toda Galicia.

Para recoller o premio, decidimos acompañar aos nosos campións cun nutrido grupo de participantes no concurso e marchamos cara a Santiago. O acto tivo lugar na Consellería de Sanidade, da que depende Consumo, onde os nosos alumnos viron como os seus compañeiros presentaban o seu traballo ao tempo que eran felicitados por diversas autoridades.

E así acabou a nosa participación este ano. Quedamos pendentes de novas convocatorias. Podedes buscar máis información neste enlace. Tendes máis nformación, coma sempre, en FiloLandra.