IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. 

No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades.

Nas vitrinas puxemos unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema.

 

 

 

Este trimestre pasado os alumnos de Cultura Científica de 4º curso de ESO do IES Isidro Parga Pondal tivemos que facer como proxecto trimestral un videoclip musical no que rebateramos as ideas do terraplanismo. Pasámolo pipa e saínos un trap ben curioso, aquí tedes un exemplo dos resultados obtidos

En lembranza do día en Conmemoración das vítimas do Holocausto (27 de xaneiro) e do Día da Paz Escolar a non violencia (30 de xaneiro), dende o noso centro quixemos crear un espazo de reflexión con toda a comunidade educativa coa finalidade de que o paso do tempo non diminuíra o horror acontecido e que nunca chegue a xustificarse algo así. Alén de ser un compromiso coa defensa da Paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Ao longo da semana, escoitouse unhas citas de diferentes personaxes na boca de distintos membros da nosa comunidade educativa, gravados na Radio Rebolo, co obxectivo de invitar á reflexión. O alumnado de 4º de ESO da materia de Valores Éticos recolleu esas frases que foron colocadas no hall do instituto xunto á exposición de Francesc Boix, coñecido como o fotógrafo de Mauthausen.

O pasado luns 14 de febreiro tivemos connosco a Carmen García-Rodeja Arriví, profesora de Historia e membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) a José Luís Alamán, neto de Martín Ferreiro, un galego que sufriu a barbarie nazi no campo de concentración de Mauthausen.

Desde aquí agradecemos a súa colaboración por transmitirmos este capítulo tan funesto da nosa historia, mais que nunca debemos esquecer.

 

 

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos.

Prazos de matrícula.

  • Convocatoria de maio: do 7 ao 17 de marzo.
  • Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo.

Durante o curso 2020-21, despois de participar nun seminario sobre patios e parques dinámicos, formándonos con Gey Lagar, comezamos a desenvolver no noso centro unha serie de talleres orientados a darlle unha nova visión aos tempos de lecer, favorecendo a inclusión e mellorando a convivencia.

Durante este curso seguiremos traballando por un centro no que todo o mundo teña o seu espazo compartindo experiencias enriquecedoras.

Un dos talleres que temos no recreo é o taller de baile moderno, donde o alumnado pode disfrutar da música e do baile expresándose a través dos movementos do seu corpo, mellorando a postura corporal e tamén relaxándose e reducindo o nivel de estrés e traballando as capacidades socioemocionais, socializando...

 

 

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por segundo ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido.

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais.

Anímate e participa!

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria ( o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados.

Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!

 

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2021 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega.

  • 1º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 1º BACHARELATO B.
  • 2º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3º ESO B.
  • 3º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 1º ESO E.

Parabéns ás tres gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!