IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

LogoCONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2017“MATEMÁTICAS EN CARBALLO”

Departamento de Matemáticas. 

IES Isidro Parga Pondal

Concurso Fotografía 2017

 

1. Aberto a todos os alumnos / as matriculados no centro.
2. Cada concursante poderá presentar unha fotografía en branco e negro ou en cor.
3. O tema das fotografías será “MATEMÁTICAS EN CARBALLO”. A relación do noso entorno coa Matemática establécese a través do título da foto.
4. As fotografías deben ser orixinais. Non se admiten fotografías descargadas de Internet.
5. Cada fotografía debe ser presentada impresa nunha folla A4 en branco. Xunto á imaxe imprimirase o título da foto e o nome da rúa onde a fotografía foi tomada.
6. Na parte traseira do folio deben incluírse os seguintes datos: Nome e apelidos, Curso e Grupo.
7. Os traballos poden presentarse a calquera profesor/a do Departamento de Matemáticas. Ademais deberán enviar unha copia á dirección de correo aulaeso@gmail.com, indicando no asunto o título e incluíndo os datos do alumno.
8. O período de entrega será entre o 19 de abril e 4 de maio.
9. As fotografías serán exhibidas no centro durante os días seguintes.
10. Un xurado composto por profesores do Departamento de Matemáticas e outros departamentos decidirá o primeiro premio.
11. Ademais, os estudantes do centro escollen, mediante votación, un segundo premio, "o premio do alumnado".
12. A participación neste concurso implica a aceptación destas normas. Calquera caso non previsto nelas, deberá ser resolto polo Departamento

 

 

A ANPA Fonte da Vella, organiza un ano máis e convídavos a participar nunhas Charlas dirixidas para toda a Comunidade Educativa.

 

Xoves 16 Marzo ás 19:00 horas

 

  • INFORMACIÓN ÚLTIMAS INVESTIGACIÓNS SOBRE A ALIMENTACIÓN.

  • COIDAR E DEXTOSIFICACIÓN DO FÍGADO.

     

Poñente: Mª José Mosquera Santé.

Especialista en Nutrición, Bióloga e exprofesora deste Centro.

 

Xoves 30 Marzo ás 19:30 horas

 

  • DETECCIÓN E INTERVENCIÓN NO CASO DE BULLYING

  • Como detectar por parte da comunidade educativa e/ou as familias, situacións de acoso.

  • Que é o Bullying, indicadores e instrumentos de avaliación.

  • Como actuar desde os diferentes ámbitos (profesorado, compañeiros e familia).

     

Poñente: Lara Rodríguez de las Heras.

Psicóloga Clínica, Terapeuta Familiar e Especialista en Drogodependencias. Colaboradora coa asociación Vieiro e Escola de Pais.

 

Xoves 06 Abril ás 19:30 horas

 

  • DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASO DE CONSUMO DE SUBSTANCIAS PSICOACTIVAS

  • Factores de risco e protección no consumo.

  • Como actuar se o meu fillo consume, pautas para familias.

     

Poñente: Lara Rodríguez de las Heras.

 

As Charlas impartiranse na Biblioteca do IES Isidro Parga Pondal.

 

O remate de cada Charla estades todos convidados a un petisco na cafetería do Centro.

 

Grazas de antemán, pola vosa participación.

 

Organiza: ANPA “FONTE DA VELLA

16 Mar 2017 16:40
Europe/Madrid


CANGURO MATEMÁTICO 2017

http://www.canguromat.org.es/

http://www.aksf.org/



O próximo xoves 16 de marzo pola tarde, realizaranse as probas do concurso Canguro matemático 2017.

 

Os alumnos participantes deberán SOLICITAR PERMISO do profesor correspondente (ás 16:40) para dirixirse á aula de usos múltiples da 1ª planta.

 

Lembrade que necesitades coñecer o voso NIF para poder participar!

 

 

 

 

Aproveitando que contan coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Ler máis.

    O alumnado de 1º de Bacharelato que cursa a materia de ORATORIA está a participar no concurso O Club de debate que organiza o Concello de Carballo.  Xa están formados os dous equipos, Partido Pondaliano e Xuvengalia, cos que a profesora que coordina esta actividade,  Beatriz Cuesta e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro  poñen ao Parga Pondal na compentición.

    O mércores, 8 de febrero, asistiron á fase de presentación con gran aproveitamento por parte do alumnado.  Esta xornada tivo lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Oleiros) e serviu para que todo a alumnado participante se relacionase con outros concursantes  de Ferrol e Oleiros e coñecera as bases do concurso.

   O tema a debater  na 1º fase que terá lugar en Carballo o mércores 15 de Marzo será: Os deberes escolares son convenientes para a educación? 

 

Informarase do lugar e hora deste encontro cando dispoñamos a información, asi como das datas e horario no que se relizarán as fases seguintes.

 

Desexámoslles moita SORTE  a tod@s os participantes.