IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O noso club de lectura empezou a súa andadura no curso 2007-2008, como unha continuación das actividades de dinamización que levaba a cabo o equipo da biblioteca.

Este ano continuamos con ese labor cun grupo bastante numeroso de alumnos de diversos niveis educativos coa esperanza de que ao longo do curso vaian interesándose máis polas actividades que imos realizar estes meses.

Se queredes máis información sobre as actividades do grupo, podedes consultar en bibliotecarebolo.blogspot.com.es.

Por este motivo invitamos a todo interasado a incorporarse a este club.

Reunión do club de lectura

 

 

O terceiro xoves de novembro celebrase o Día Internacional da Filosofía e o noso centro non quixo faltar a esta cita.
Para realizar esta celebración fixemos unha exposición fotográfica con dous temas: Miradas filosóficas e Penso, logo estorbo.
Neste proxecto participaron os cursos de 4 da eso e 1 de bacharelato. Aínda podedes ver as fotografías na entrada e na biblioteca do centro.

Día Internacional Filosofía

Panorámica acto

 Este venres realizouse un acto no instituto para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Hoxe á mañá o IES Isidro Parga Pondal vestiuse de negro como símbolo de loito polas vítimas da violencia doméstica e de xénero. Despois de proxectar un vídeo introducindo o contexto da actividade, unhas alumnas representaron unha performance ao representar un monólogo que obrigaba o espectador a enfrontarse coa realidade dunha linguaxe sexista, para despois dar paso a unha lectura que establece as bases da postura da comunidade educativa enfronte á violencia de xénero.

A actividade foi un éxito de participación e voluntariedade, aínda que o auténtico éxito reflectirá se a mensaxe cala no alumnado e perdura co tempo, de tal xeito que poidamos sentirnos orgullosos dentro duns anos.

Premer en "Leer máis" para ver as fotos do acto.

Ao inicio do curso a nosa biblioteca ten un novo nome, a partir de agora chamarase


Biblioteca Rebolo LOGO

Como se vén facendo desde hai anos, o novo equipo continúa traballando dentro do ámbito de Bibliotecas escolares e, máis concretamente, integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE).

SERVIZOS DA BIBLIOTECA

  • Lectura e consulta de libros, xornais, revistas, atlas, enciclopedias, dicionarios.
  • Busca de información na rede.
  • Préstamo de libros, música e películas.
  • Práctica de xogos de mesa.
  • Preparación de exames e traballos.
  • Realización doutras actividades puntuais.
  • Para a utilización destes servizos é imprescindible a presentación do carné, co que conta todo o alumnado, e o no de DNI para acceder aos ordenadores.

ESPAZOS DA BIBLIOTECA

  • xestión

Xestión 

  • lectura

Zona de lectura

  • lecer

Espazo de lecer

  • estudo

Zona de estudo

  • información dixital

Información dixital

  • zona de exposicións

Zona de exposicións

Novidades

  • bibliotecas de aula

ACTIVIDADES

Continuamos traballando no Club de lectura e cun equipo de alumnado voluntario que participa na proposta de ideas para actividades e a súa posta en marcha, suxestións para novas dquisicións, xestión... Á parte dos servizos habituais, a biblioteca levará a cabo actividades relacionadas con celebracións de diferentes tipos e temáticas, mesmo fóra do espazo habitual, e que procuren a implicación a toda a comunidade escolar. No que vai de curso xa se realizaron actividades como a presentación da biblioteca para o alumno de nova incorporación, celebración do Día das Bibliotecas escolares (24 de outubro) e do Samaín (31 de outubro).

Para consultar os nosos servizos, normas de uso; novidades de material; actividades realizadas e a realizar... podedes entrar no noso blog

 

Achégase o listado en PDF dos admitidos nas probas libres de setembro de 2017.

Calendario probas libres da ESO:

Xoves 7 de setembro:

+ Presentación ás 9:00h

+ Ámbito científico - tecnolóxico ás 9:30h

+ Ámbito social ás 12:15h

+ Ámbito de comunicación ás 16:00h

(Os examinandos deben estar media hora antes do comenzo das probas)

ESO, BACHARELATO E BACHARELATO DE ADULTOS

Os exames das materias que non aparezan no listado levaranse a cabo nas horas que lle correspondan ao departamento que impartiu dita materia.

ATENCIÓN: Engadiuse as horas das probas extraordinarias da ESPA

(entrar no artigo - pinchando no título - para ver as datas)

Recentemente saíron publicadas as cualificacións definitvas da ABAU (antiga selectividade).

Nela, as nosas alumnas e alumnos obtiveron un resultado máis que sobresaliente:

A media de bacharelato foi máis que notable: case 8 puntos.

A media da ABAU foi igualmente notable, só superados lixeiramente polos nosos compañeiros/as do IES Monte Neme (parabéns compañeiros!)

Toda a comunidade docente está moi orgullosa deles e delas.

Achégase as estadísticas por centro.

Os prazos de formalización de matrícula están distribuídos por niveis para axilizar os trámites e mellorar a atención, pregámoslles que os respecten no posible.

PRAZO EXTRAORDINARIO: do 1 ao 10 de setembro

1º e 2º da ESO

6 de setembro

3º e 4º da ESO

7 de setembro

1º e 2º de Bacharelato

8 de setembro