Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Panorámica acto

 Este venres realizouse un acto no instituto para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Hoxe á mañá o IES Isidro Parga Pondal vestiuse de negro como símbolo de loito polas vítimas da violencia doméstica e de xénero. Despois de proxectar un vídeo introducindo o contexto da actividade, unhas alumnas representaron unha performance ao representar un monólogo que obrigaba o espectador a enfrontarse coa realidade dunha linguaxe sexista, para despois dar paso a unha lectura que establece as bases da postura da comunidade educativa enfronte á violencia de xénero.

A actividade foi un éxito de participación e voluntariedade, aínda que o auténtico éxito reflectirá se a mensaxe cala no alumnado e perdura co tempo, de tal xeito que poidamos sentirnos orgullosos dentro duns anos.

Premer en "Leer máis" para ver as fotos do acto.

 

Presentación 1

 

Foto entrada