IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado 25N con motivo da celebración do día contra a violencia de xenero, o grupo de alumnas do obradoiro da Radio na Biblio Rebolondas fixo un programa no que comentaron os resultados dunha enquisa que elas mesmas realizaron no centro e fixeron unha morea de recomendacións culturais para que todo o alumnado, independentemente da súa idade poida desfrutar e formarse.

Os nosos parabéns polo bo traballo a Ana, Lucía, Cristina, Xulia, Lola e Sara.

 

Deixamos aquí o enlace ao podcast:

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2022 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega.

1º premio: HUGO COUÑAGO QUEIJEIRO. 1º ESO B.

 

2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 2º BACHARELATO A.

 

3º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B.

O xurado tamén decidiu entregar 2 accésits a:

LUCÍA NOGUEIRA VELO. 1º ESO B.

 

SARAI FRANCO ROJO. 1º ESO D.

 

No taboleiro da entrada do instituto podedes ver as postais gañadoras e unha selección das moitas e bonitas postais presentadas no concurso deste ano. Queremos agradecer especialmente o traballo e colaboración dos profesores de Artes Plásticas, Patxi e Laura.

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! Felices festas!

 

 

Estos días no vestíbulo de entrada do noso centro podedes observar unha exposición constituida na súa maioría por modelos celulares feitos polos alumnos de 3º de ESO de Bioloxía.


Que gran traballo fixeron, noraboa!

 

 

 

 

O pasado día 16 de decembro visitounos na hora de Cultura Científica de 4º de ESO Martiño Cabana Otero membro da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e explicounos a súa esencial labor na conservación da biodiversidade galega e máis en concreto da flora serpentínica melidense.

Formando parte desta flora atopamos tres especies que son exclusivas deste territorio, é dicir que son únicas no mundo e só aquí as podemos atopar, de aí a importancia de conservalas.

Pero esta asociación non só fai unha relevante labor nesta zona, se queredes saber máis sobre os seus interesantes traballos con orquídeas, morcegos, osos… premede na seguinte ligazón:

Asociación de Custodia do Territorio

 

A poeta María Lado estivo no noso instituto impartindo o obradoiro “Desata a lingua” a alumnado de 1º ESO.


A intención deste obradoiro foi promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de varios puntos do manifesto colectivo do Correlingua 2023 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galicia.


María Lado traballou co alumnado promovendo a posta en común e priorizando a participación, o debate, o respecto e dando espazo ás rapazas e rapaces para que se expresasen sobre a situación da lingua.


Agradecemos a colaboración dos profesores Basi Pacoret e Xurxo Souto nesta actividade.


Deixámosvos algunhas imaxes deste produtivo obradoiro:

 

O próximo xoves 15 de Decembro ás 18:30 horas terá lugar o obradoiro "Educando en Igualdade", dirixido a docentes e familias. Contaremos coa presencia de David Kaplún, antropólogo e experto en  Igualdade e novas masculinidades. Animádevos a vir!

A semana pasada tivemos no noso instituto dous obradoiros de regueifa nos que participaron alumnado de 2º ESO. Despois de romper o xeo, os alumnos e alumnas acabaron regueifando, animados polos seus formadores, os regueifeiros: Josinho da Teixeira, Lorena Medela e Lupe Blanco (ex-alumna do centro).
Estes obradoiros forman parte do Proxecto Enreguéifate co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega. Podedes coñecer mellor este proxecto clicando na seguinte ligazón:

https://enregueifate.gal/

Queremos agradecer a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e a implicación do noso profesor Xurxo Souto nesta actividade.

A continuación deixámosvos unhas imaxes e ligazóns onde se ve que ben o pasaron os rapaces:

https://fb.watch/hfcTGnyXqw/
http://www.carballo.org/novas.php?id=8709&idioma=gl&sec=30

 

 

Desenvolveuse este ano no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o XXXV Congreso de Enciga, Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia.

Durante a primeira xornada o profesor de matemáticas do noso centro, Javier Fariña presentou o obradoiro “ O alumnado fai matemáxia” xunto coas alumnas de 4ºB Uxía Marrozos e Paula Varela, durante 90 minutos fixeron 7 trucos de matemaxia e a súa explicación diante dos profesores asistentes ó congreso.

Destacar que foron as Uxía e Paula as que levaron a cabo os trucos, coa explicación posterior do profesor.

As alumnas participan no taller de matemaxia que se celebra no centro dentro da actividade pátios dinámicos os meŕcores.

 

 Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Lingua Galega e da Biblioteca convocamos por cuarto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal. 

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. Podes consultar as bases na seguinte imaxe:

 

 

 


Anímate e participa!

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 3 membros do profesorado.
b) 3 membros dos representantes de alumnado. Esperamos que nestas eleccións o alumnado se implique na vida do centro e saían candidatos para formar parte do Consello Escolar.
c) 2 membros dos representantes das familias. Ao desaparecer a ANPA do noso centro, sería moi importante que se cubrisen estas prazas, para que os pais/nais poidan coñecer de cerca a realidade do instituto, e así poder participar das decisións que desde o Consello Escolar se poidan tomar.